Asembleas de traballadoras e estudantes estenden a folga do 8M na universidade
Nas universidades de Santiago e Vigo constituíronse asembleas de traballadoras e estudantes para apoiar a mobilización, con demandas específicas para os seus ámbitos. Piden rachar os teitos de cristal, loitar contra as agresións machistas e o acoso nos Campus ou introducir a perspectiva de xénero nos temarios.