O Eixo Atlántico desbota por "propagandístico" o manifesto da Xunta sobre o tren Vigo-Porto
Alfonso Rueda participou este martes en Valença do Minho na sinatura dunha declaración a favor do impulso das conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal. A entidade que agrupa as principais entidades locais galegas e do norte do país luso rexeitou participar nun "sarao propagandístico" sen "efectos prácticos"