Política
A patronal galega ante unha Xunta de esquerdas: "Non temos medo a nada se é un goberno estable"
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, rexeita valorar se prefire un goberno dun único partido ou un bipartito: "Un goberno estable é un goberno estable, o que sexa"
"Non debemos 'rasgarnos' as vestiduras": o que di a Xunta tras incumprir Rueda a lei electoral desde o atril de presidente
O Goberno galego tentou xustificar sen éxito ante a Xunta Electoral unhas declaracións nas que o presidente, exercendo de tal, criticou o resto de partidos e pediu apoio ás súas políticas, co que "vulnerou o principio de neutralidade"
A Xunta prorrogará o convenio co que rebaixa taxas a Ence no Porto de Ribadeo desde 2011
Coa ameaza de que a empresa levaría a súa produción de Navia en tren ao porto de Xixón, Feijóo defendera perdoarlle impostos ata 2020, pero malia que a liña férrea quedou paralizada o acordo foi renovado catro anos e agora será ampliado de novo
Besteiro promete priorizar o AVE Vigo-Porto-Lisboa, “esencial para a nosa economía”
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, interveu este domingo nun acto político en Redondela, diante de 300 persoas, onde lamentou que Galicia perde “moitos cartos e oportunidades económicas” polo pouco peso político do candidato do PP.
Ana Pontón pide un último esforzo para poder “gobernar nós a nosa terra”
“Se todos os que queremos cambio collemos a papeleta do BNG será un win win porque imos derrotar a Rueda e Feijóo dunha tacada”, defendeu Pontón durante o encontro nacional celebrado este domingo en Santiago.
Carretando | Ana Pontón: a construción do sorriso no BNG
A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando traza o perfil da actual líder da oposición e candidata do BNG
A "condición política de galego": por que un emigrante en Bos Aires pode votar e presidir a Xunta pero Feijóo xa non
O Estatuto de Autonomía di que é galega a persoa que resida oficialmente en Galicia ou que o faga no estranxeiro sendo Galicia o seu último lugar de residencia oficial en España
Rueda presenta un programa con 870 medidas e promete duplicar o parque público de vivendas
Un programa “realista e realizable”. Así cualificou o presidente do PpdeG, Alfonso Rueda, o documento que presentou hoxe en Lugo, que “aspira a consolidar a Galicia que funciona” a través de 870 medidas.
Pedro Sánchez: “cun socialista na Xunta e outro na Moncloa, Galicia non 'rueda', Galicia voa"
"Se Galicia vota, Galicia cambia. É certo que hai moitas papeletas para o cambio, pero só unha para gobernar o cambio”, subliña o secretario xeral do PSOE
Economía, sanidade, emprego ou os 'pellets': os problemas de Galicia no CIS con diferenzas segundo a quen se lle pregunte
Paro, sanidade e economía son as cuestións que máis preocupan, por riba do propio Goberno da Xunta, as infraestruturas, a calidade do emprego, e a industria e o I+D. As mulleres poñen o foco na sanidade moito máis que os homes (12,7% fronte a 7,7%) e a mocidade sinala a crise medioambiental dos pellets en primeiro lugar
A crise dos 'pellets' evidencia a ausencia dun dispositivo estable para liberar o litoral galego de plásticos
A Xunta admite que apañou máis de 12.000 quilos de plásticos distintos aos pellets en menos dun mes, pero sinala a concellos e entidades privadas tanto para a recollida ordinaria como para manexar datos ao respecto