Tarifazo en Sogama: claves da suba do recibo do lixo que vén
A empresa da Xunta e Naturgy que xestiona os refugallos da maioría dos concellos disponse a cancelar a bonificación do 15% na tarifa que cobra aos gobernos locais por cada tonelada de lixo tratada, aprobada hai dous anos tras amagar con suprimir o anterior desconto, do 10%. Alega que agora ten que afrontar máis gastos polos impostos estatais, derivados de normativa europea, que penalizan a incineración de lixo coa que xera electricidade, negocio polo que disparou os seus ingresos. As contas da empresa, non obstante, prevían hai apenas medio ano regresar a beneficios este ano