Rueda inicia en Noia unha xira do Consello da Xunta por vilas
O presidente anuncia a conversión en autovía do corredor Brión-Noia e atopa unha protesta contra a crise marisqueira na ría
O presidente anuncia a conversión en autovía do corredor Brión-Noia e atopa unha protesta contra a crise marisqueira na ría
A historiadora Conchi López detalla a complexidade de intervencións como a que o grupo Histagra realiza estes días no cemiterio naronés do Val, escenario dunha das maiores matanzas colectivas dos golpistas en Galicia, con medio cento vítimas, a maioría mariños fieis á II República cuxos corpos foron guindados a unha foxa común sobre a que tres décadas despois construíron nichos. Os labores, realizados ao abeiro do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, son necesariamente lentos nun contexto no que "o tempo sempre xoga na nosa contra", advirte
Os marcos paródicos e agresivos da facción dirixente e máis centralista do PP en materia lingüística baten cos pactos ofrecidos por perfís coma os do secretario xeral da Lingua para un novo Plan Xeral de Normalización ou o impulso á poboación neofalante. No choque albíscanse reflexos coma os observados na recente discusión pública entre a secretaria xeral do partido e o presidente do Parlamento
Os populares din abertamente que as comparecencias facilitarán "que se poidan sacar unhas conclusións claras e rotundas sobre o bo facer dos gobernos do Partido Popular na Xunta”.
No cemiterio do Val "seguen a aparecer indicios que apoian a hipótese da localización da fosa", onde o equipo coordinado polo grupo de investigación Histagra da USC estudará se é tecnicamente posible exhumar os restos das vítimas, para o que cumprirían as autorizacións das familias. O Goberno de España vén de encomendar a Histagra elaborar o primeiro censo estatal de vítimas do franquismo, unificando coa súa metodoloxía os diversos censos existentes no Estado
Unha portavoz autorizada do líder popular di que se repuxo unha porta entre a praia e o terreo público pechado xunto coa propiedade privada porque o vento deteriorara a anterior, pero nega que se estea a empregar ese espazo
O comité dos medios públicos solicita a intervención do máximo órgano extraxudicial galego para dirimir conflitos no eido do traballo despois de que a dirección da corporación se "negase" a "abrir o diálogo" cos folguistas, que reciben novos apoios e lanzan un simbólico SOS dende a praia coruñesa de Riazor para tentar "rachar co cerco mediático que impide que a poboación galega reciba información sobre a existencia deste conflito"
Pontón afea que a Xunta rescate autovías pero non o hospital de Vigo e Rueda escúdase na calidade dos profesionais sanitarios. Besteiro insta a creación dun banco público de alugueiro de vivendas e o presidente replica: "faremos moitísimas cousas".
O servizo provincial constata "a imposibilidade física de acceder a unha porción de 210 metros cadrados de dominio público" situados entre o mar e a propiedade na que adoita descansar o ex-presidente e actual líder do PP
O TC atende parcialmente o recurso de Vox contra a modificación da lei de saúde impulsada polo PP galego en 2021, que tamén dera lugar a un contencioso da Xunta co Goberno de España que finalizara cun acordo. O tribunal argumenta que a lei galega incluíu restricións a liberdades como circulación ou reunión que só poden ser aplicadas mediante lei orgánica aprobada nas Cortes e non coa lexislación autonómica
A lexislación vixente establece que a comunidade autónoma é a competente en materia de emerxencias. Só na emerxencia de nivel tres, que declara o ministerio do Interior motu proprio ou a petición da autonomía, a dirección do operativo pasa ao Goberno de España
"E chamábannos asasinos". A mobilización social pola xestión do naufraxio en 2002 ficaron na memoria do PP cun aquel de trauma político que, dende aquela, moitos dirixentes tiveron vontade de devolverlle á esquerda en canto puidesen. Un dos que albergou esa vontade foi, paradoxalmente, un dos máis beneficiados polos efectos políticos do acontecido daquela: Alberto Núñez Feijóo, cuxo discurso ante as riadas de València ten ecos na súa estratexia fronte ao Goberno de coalición PSdeG-BNG durante a vaga de incendios de 2006, cando o PP lanzou a plataforma 'Sós contra o lume'