Pontón celebra que "o BNG está de moda" e apela á "esperanza" nun concorrido Día da Patria
A portavoz nacional do Bloque reivindica a "nova liña política actualizada e moderna" que levou a formación dende unha situación "crítica" a ter "o apoio popular en máximos e medrar ano tras ano" nunha manifestación con máis presenza e sorrisos que anos atrás. "Cambiamos moito, pero hai algo que se mantivo firme: todos e cada un dos nosos principios", mantén Pontón, quen resalta que o BNG "xa non á alternativa real ao PP", senón "un auténtico goberno alternativo"