BNG e PSdeG esgrimen o informe de Contas crítico coa Xunta para pedir o rescate do Álvaro Cunqueiro e que sexa "público"
A Xunta insiste en defender a concesión privada con argumentos xa analizados por Contas e desbotados
A Xunta insiste en defender a concesión privada con argumentos xa analizados por Contas e desbotados
Unha década despois da súa construción o ente fiscalizador conclúe que a colaboración público-privada elixida polo Goberno galego estivo mal planificada e non cumpriu os obxectivos fixados
"Lonxe de avanzar na independencia dos medios públicos, significa un retroceso moi preocupante", subliña o CPXG. A entidade profesional cre rechamante que a Xunta cite o novo Regulamento da UE para os medios "como un os motivos" para lanzar a nova lei, que "alerta explicitamente" contra as reformas que aumentan "o control gobernamental" nos medios públicos. "A sociedade terá que oporse con contundencia a unha norma que só pode redundar na deterioración da nosa calidade democrática", conclúen
Nove anos despois de reformar en solitario a lei da CRTVG para manter a Sánchez Izquierdo na dirección xeral por tempo indefinido, a Xunta ultima a norma coa que o PP só se precisará a si mesmo para elixir a persoa que o remude á fronte da que pasará a ser a CSAG
A Xunta lanza unha nova lei para os medios públicos tras máis dunha década sen cumprir a vixente en aspectos como nomear por maioría parlamentaria reforzada ao director xeral'. A CRTVG pasará a denominarse "Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia" e Rueda asegura que seguirá con "programas e servizos 100% en lingua galega", se ben a nova lei abre a porta ao "uso doutras linguas" para "dar a coñecer a identidade cultural de Galicia fóra da comunidade autónoma". "Castelán e inglés, basicamente", especifica
A xuíza eloxia expresamente na súa sentenza o papel das asociacións de afectados fronte a decisión do fiscal de retirar a acusación contra o cargo de Adif
A ofrenda rexia ao Apóstolo é ben anterior ás Irmandades e á súa elección do 25 de xullo como "Día de Galicia" e á autonomía política galega e, en todo caso, allea a ambas. Mesmo as ditaduras do século XX a empregaron como contraposición ou parte da represión contra o galeguismo político. A abdicación do Goberno galego a respecto do Día Nacional de Galicia contribúe a acrecentar unha caste de simulacro no que se presentan como parte da celebración da personalidade política do país eventos que non son tal
A versión oficial do acontecido co Alvia, sinalando o maquinista como único culpable, tivo relevantísimos apoios políticos, económicos e mediáticos. Tamén cuestionamentos da principal plataforma de vítimas, uns poucos xornalistas e, co paso do tempo, da Axencia Ferroviaria Europea, sete xuíces e un fiscal. Pero ata agora non fora refutada nunha sentenza
Alén da derrota parlamentaria do Goberno do PSOE e Sumar, o rexeitamento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria ten impactos directos nas contas das autonomías. A proposta rexeitada no Congreso formulaba que as autonomías pasasen de ter que rematar 2025 e 2026 con superávit do 0,1% a teren unha marxe de déficit do -0,1%, dúas décimas que no caso galego equivalen a aredor de 167 e 175 millóns, respectivamente
O Teatro Principal acolleu a segunda edición da conmemoración inspirada no Alba de Gloria de Castelao e que homenaxeou a Concha Losada, Xaquín Mato, Mabel Loza e a Miguel Fernández. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, destacou que a festa "naceu para ser colectiva, unitaria, para sumar vontades, para dialogarmos e medrar, para subir novos chanzos nesta Compostela amada"
O secretario xeral do PSdeG rexeita a "triste idea de que somos un territorio atacado e menosprezado". Contrapón o galeguismo do PSdeG cun Goberno do PP ao que "lle dá preguiza" o país e por iso "vive mellor inventando rivalidades que traballando para transformar"