O BNG lanza a precampaña europea co obxectivo do escano propio “no mellor momento” da súa historia
En menos dun mes, o 9 de xuño, a cidadanía galega está chamada de novo a votar. Desta vez para as eleccións ao Parlamento Europeo, ás que o BNG di acudir “sen teito” co obxectivo de darlle a Galicia un escano propio, logo dos resultados históricos acadados pola forza nacionalista en febreiro.