Política
Pontón inicia o curso político pedindo explicacións a Rueda polo "nepotismo e desbalde" da Xunta
"O BNG continuará na senda de presentar con cada crítica unha proposta alternativa", di a líder nacionalista, que apunta iniciativas en áreas como a volta aos colexios, a sanidade ou a vivenda
O ministerio abre a porta a unha liña de tren máis "directa" Lugo-Santiago sen pasar por Curtis
O estudo de viabilidade para conectar entre Curtis e Ordes as liñas xa existentes non estará ata mediados de 2026 e contempla como "opcional" unha seguinte fase para avaliar "un corredor alternativo de novo trazado" que una as dúas cidades "directamente"
A Valedora do Pobo pide á Xunta que pense nos menores e non sexa tan estrita para recoñecer as familias monoparentais
O Goberno galego esixe que se lle presenten resolucións xudiciais e non acepta convenios reguladores entre proxenitores asinados ante notario malia que o Supremo tamén os considera válidos
Vítimas de Angrois piden ao ministro Puente responsabilidades técnicas tras a condena que ve "incomprensible" a actuación de Adif
Os afectados queren unha reunión con Óscar Puente, a quen agradecen o apoio cando era alcalde de Valladolid, para que impulse unha nova investigación técnica reclamada pola UE e cese por mentir a actual directora de seguridade de Adif
O Ministerio de Transportes lanza o estudo de viabilidade para unha liña de tren Lugo-Santiago
A análise foi un compromiso co BNG no pacto de investidura de Pedro Sánchez e agora o ministerio di que avaliará un "novo trazado ferroviario coas máximas prestacións posibles"
Tras a condena penal de Angrois, que foi das investigacións técnica e política aínda pendentes?
Hai un mes que o sistema xudicial deu resposta ás vítimas once anos despois do sinistro, pero os afectados seguen agardando por explicacións oficiais adecuadas desde Goberno e Congreso e, ao igual que a UE, desde o eido técnico
O Sergas admite que non é quen de asumir as listas de espera de Ourense e prevé subcontratar operacións por 10 millóns ao ano
O BNG denuncia "cifras récord de sinistralidade laboral" e reclama ao PP que axilice o traspaso de Inspección de Traballo
Os nacionalistas acusan á Xunta de "autocompracencia e falta de iniciativa" e esixen "que faga cumprir as normas de prevención de riscos
O PSdeG critica a "pasividade" da Xunta ante a crise marisqueira e pide "medidas urxentes" para o sector
Os socialistas din que o Goberno galego nega a realidade, mira para outro lado, escóndese tras xustificacións puntuais, busca culpables noutras administracións e anuncia día tras día un plan que nin os axentes do sector coñecen”
A Cidade da Cultura intégrase na paisaxe (política) 25 anos despois da elección do proxecto de Eisenman
O 26 de agosto de 1999 o xurado designado pola Xunta de Fraga elixía a proposta do estadounidense pola súa "especial sintonía coa contorna", o que só agora comeza a concretarse, ao tempo que críticos coa súa xénese veñen facendo tamén seu o complexo
Vigo eleva o imposto urbano a Audasa de 18.000 a 383.000 euros tras a fin da exención que lle dera o franquismo
A autoestrada beneficiábase dunha rebaixa do 95% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) que rematou hai un ano, cando tiña que rematar tamén a súa concesión se non a prorrogase o Goberno de Aznar