O comité apela agora ao Consello de Administración para deter a "manipulación" na CRTVG
A representación do persoal insta o órgano xestor dos medios públicos a deter un control político da información que "cada vez vai a máis" e advirte dos nulos avances para a creación do Consello de Informativos e da "irrelevancia" da Radio Galega.