Política
- Crónica
- Política
Pactar con Feijóo: do Estatuto bloqueado e os Valedores falidos ao Poder Xudicial do Estado
A do Poder Xudicial non é, nin de lonxe, a primeira negociación de Feijóo e os seus asesores para pactar nomeamentos institucionais. En Galicia, as máis das veces eses acordos acabaron volvéndose contra quen sentaba da outra banda da mesa
O ‘annus horribilis’ da Xunta nos tribunais pola súa xestión eólica: a xustiza tomba tres parques nos que gobernos de Feijóo xogaron cos prazos
A sentenza do Supremo que anula o parque do Oribio súmase á que tombou outro en Mondoñedo e unha terceira do TSXG en Corme, pero as resolucións xudiciais chegaron con dous parques xa construídos e movementos de terras no outro
O BNG valora levar a Xunta aos tribunais se non lle dá máis de 400 documentos que ten solicitados no Parlamento
O Bloque está pendente de recibir papeis da Xunta sobre asuntos coma "o fiasco de Pemex", expedientes a eléctricas, vivendas baleiras ou residencias de maiores. "Que teñen que esconder o PP e o señor Rueda?", pregúntase Ana Pontón. En 2020, a Xunta xa foi condenada a entregar papeis das caixas que negara ao ex-deputado Antón Sánchez
O uso do bus interurbano aumentou un 20% en Galicia no inicio das viaxes a metade de prezo
A Xunta asume como propias as queixas de Monbús ao reprochar que os bonos gratuítos de tren sufragados polo Estado "discriminan" as empresas concesionarias das liñas de transporte por estrada, xustifica que a empresa elevase a rebaixa ata o 95% para competir co tren no eixo atlántico e afirma que "non pode esixir a aplicación dun desconto semellante noutros traxectos"
Seguridade fragmentada pero responsabilidade única do maquinista: o ex-cargo de Adif nega ser culpable do accidente de Angrois
Andrés Cortabitarte asegura que a liña Ourense-Santiago era “cen por cen segura” e ninguén tiña que paliar o risco dun erro do maquinista máis que o propio maquinista. Na súa declaración no xuízo dá a entender que a súa era unha supervisión formal e non de contido das análises de riscos que facían as empresas de avaliación independente, que no caso da liña Ourense-Santiago non incluíra a curva de Angrois
Sánchez anuncia máis axuda para pagar a luz e unha rebaixa ao gas en edificios con calefacción central
O bono social eléctrico pasará a cubrir ata o 80% e poderá solicitalo máis poboación. As caldeiras centralizadas de gas natural poderán acollerse a unha nova tarifa regulada. O presidente do Goberno de España lamenta que o PP de Feijóo se desmarque de medidas como a reforma do mercado eléctrico ou os límites aos ingresos das enerxéticas malia asumilos mesmo a Comisión Europea
Vítimas de Angrois queren pedir máis condena para o ex-cargo de Adif que para o maquinista
A plataforma di que “sen obviar” o despiste do maquinista “en cuestión de segundos” hai “moita maior responsabilidade en quen dispón de tempo suficiente e dun equipo de centos de persoas”
"Quen avalía os riscos é quen constrúe", di o ex-cargo de Adif sobre a acusación pola que enfronta catro anos de cadea por Angrois
Andrés Cortabitarte desvía responsabilidades ao maquinista, a empresa que instalou os sistemas de seguridade e o ministerio
A nova lei do xogo renuncia a que haxa lotarías galegas e permite casinos máis grandes
O novo texto impulsado pola Xunta tamén derroga os xogos de boletos, cuxa anterior regulación supuxo a condena por prevaricación do ex-vicepresidente Barreiro Rivas
Pontón visita a sede de Inditex, que ve un "referente" no sector téxtil "sen renunciar ás súas orixes"
A portavoz nacional do BNG acode por primeira vez ás instalacións da multinacional galega en Arteixo.
Expor o jardineiro
Daniel Barral