Rueda volve ampararse no resultado electoral para desbotar críticas da oposición, que pide "menos festa e máis traballo"
"Fale de Bildu e de Esquerra aos veciños e veciñas que non teñen médico", di Ana Pontón
"Fale de Bildu e de Esquerra aos veciños e veciñas que non teñen médico", di Ana Pontón
Os populares Pazos e Delgado falaron galego en parte das súas intervencións sobre a AP-9 no pleno deste martes. BNG e PSdeG responden con retranca á mudanza de postura pola vía dos feitos por parte dos populares, que para rexeitar incorporar as linguas diferentes do castelán rexistraran emendas indicando, por exemplo, que a Cámara Baixa está en Madrid e alí só é oficial o castelán
Con melloras aínda pendentes de executar, o Goberno galego despraza a outro posto ao ata agora responsable da Funga, Juan José Couce Prego, nomeado en 2018 tras máis de tres anos co posto vacante
A lei galega reinicia percorrido no Congreso cunha maioría tan ampla como as incertezas que a rodean e entre reproches á prórroga da concesión aprobada por Aznar no 2000 que agora cuestiona a UE. Pazos (PP), Pontón (BNG) e Besteiro (PSdeG) poñen voz á demanda da Cámara galega e cadran na petición tanto do traspaso como nos avances cara á fin das peaxes
O tribunal xa paralizara cautelarmente a explotación -decisión contestada con manifestacións- á espera desta sentenza que constata o impacto sobre a veciñanza e espazos protexidos
Os socialistas aseguran que detectaron en populares e nacionalistas "vontade política" para acordaren unha moción de censura e por iso dan "o seguinte paso" propoñendo un plan de 14 medidas que inclúen orzamentos ou o novo PXOM, pero que obvia a cor política que tería a nova alcaldía. Ante os primeiros movementos, Jácome asegurou propoñer a PSdeG e BNG outra censura: na Deputación para desbancar ao PP
O comportamento electoral do PP na Ulloa foi moi semellante ao que tivo no resto de Galicia, cun ascenso importante en todos os concellos da comarca. Porén, o PSdeG caeu máis que no resto do país, cun descenso de 14 puntos en Palas de Rei, máis de 11 en Monterroso e case 11 en Agolada, mentres que o BNG creceu por riba da media, especialmente en Santiso (+19), Melide, Monterroso e Palas (+9)
En 248 concellos houbo maioría conservadora e só en 65 gañaron as forzas progresistas. En cambio, en 2019 a esquerda impuxérase en 197 concellos e a dereita só en 116. O PP foi a forza máis votada en 300 concellos e non baixou do 30% en ningún
O Goberno de España vai encargar un estudo de viabilidade da conexión ferroviaria entre as dúas cidades, segundo vén de responder oficialmente ao BNG, co que pactou a medida para a investidura de Sánchez
"A cidadanía falou e eu voume facer cargo". Yolanda Díaz deixa o cargo como coordinadora de Sumar ao día seguinte das eleccións europeas. "É necesario que se abra un debate" e con esta decisión –di– abre o camiño para que así sexa. Un camiño que –apuntou– é preciso que sexa "colectivo". Mentres, seguirá como vicepresidenta segunda do Goberno de España e Ministra de Traballo e Economía Social.
Nas europeas de hai dez anos a irrupción de Podemos e o ascenso das forzas que participaban en AGE fora clave nun contexto de devalo do bipartidismo e de crise do BNG. O Bloque obtén o seu mellor resultado nunhas europeas dende 1999 e o maior apoio cidadáns nestes comicios ao celebrarse sen cadrar na mesma data ca outros, como as municipais. Santiago é a cidade onde as forzas á esquerda do PSdeG obteñen máis apoio nun contexto marcado polo relevante ascenso do Bloque, que exerce a alcaldía dende hai un ano