Pontón anuncia unha oposición "en positivo" e "construtiva" fronte ao PP "máis prepotente e absolutista"
O BNG celebrou este sábado o seu primeiro Consello Nacional tras as eleccións do pasado 18 de febreiro, que para a líder nacionalista amosaron que "o Bloque non ten teito electoral". “Temos que seguir traballando para ensanchar a base social do BNG e facelo como até agora, sempre coa man tendida e cun sorriso", dixo