- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
O PSdeG aspira con Besteiro á ollada a medio prazo que logrou o BNG con Pontón
A interinidade nos liderados vén sendo unha das principais eivas do PSdeG nesta longa travesía de oposición. As primeiras reaccións orgánicas tras o pau electoral do 18F apuntan a que o lucense terá a oportunidade de construción dun proxecto galego para o partido que non puido culminar antes de verse obrigado a abandonar a política en 2016