- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña inesperada dá paso ás eleccións máis incertas entre ilusións e temores
Remata a carreira cara a unhas eleccións que o PP adiantou buscando o perfil baixo e adminitrativista. Enfronte atopou máis pulsión de cambio da esperada, un BNG con Ana Pontón desbordando os marcos e a Besteiro co apoio pechado da dirección federal do PSOE de comezo a fin. Os conservadores temen pola perda da Xunta pero na esquerda tamén hai temores: á frustración colectiva se o cambio non chega por unha presada de votos ou pola influencia de dúas siglas: DO e CERA