Sánchez pide concentrar o voto do "cambio seguro" no PSdeG e pasar "dun presidente ausente a un valente"
O presidente do Goberno de España afánase nos últimos días de campaña para impulsar a Besteiro e o PSdeG e carga na Coruña contra Rueda por ausentarse do debate e contra Feijóo pola súa "hipocrisía" coa amnistía: "Se alguén non é valente e non dá a car, non merece ser presidente".