- A Nave de Vidán 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
O resultado histórico do BNG apuntala o liderado de Pontón aínda que non abonde para o cambio
"Hoxe non acaba nada, estamos máis preparadas que nunca", asegurou Ana Pontón na súa primeira valoracións dos resultados electorais do BNG. 467.074 galegas e galegos colleron a papeleta do BNG nestes comicios do 18F, 155.734 máis que hai catro anos. Un fito histórico para a formación nacionalista, que supera o seu teito electoral e mantense como segunda forza política no Parlamento.