Política
A Xunta estendeu ata 2025 o acordo que permite á multinacional estadounidense Medtronic actuar en hospitais do Sergas
Tras asinar os primeiros convenios coa empresa en 2016, a Xunta optara por ocultar a parte dos documentos que reflectían que o Sergas puña recursos económicos, materiais e humanos. O novo convenio marco mantén a porta aberta a esa achega. "O Sergas prestará a súa colaboración a través da cooperación dos seus profesionais, a súa estrutura física e as súas instalacións para dar cobertura ás actividades" pactadas con Medtronic, que no momento da sinatura do novo pacto tiña convenios vixentes nos hospitais da Coruña, Santiago e Lugo
A Xunta é condenada por subcontratar ilegalmente a avaliación de impactos no patrimonio en vez de incorporar máis persoal
Cultura argumentou que carecía de persoal para encomendar unha competencia exclusiva do funcionariado a Tragsatec, pero o TSXG salienta que tiña 132 candidatos mentres que a empresa pública se dedica a outras cousas e igualmente tivo que contratar 16 persoas
Oribio, Sasdónigas e agora Corme: así benefician os prazos da Xunta ás empresas eólicas e así a corrixe a xustiza
A nova sentenza do Tribunal Superior volve cuestionar a xestión do sector por parte da Xunta, que tras anos reformando leis para “axilizar” a implantación de aeroxeradores vén de anunciar unha nova medida nesa mesma liña
Entidades sociais e oposición cargan contra a Xunta tras a nova condena á súa xestión eólica
Colectivos ecoloxistas e políticos aventuran que a sentenza contra o parque de Corme virá seguida doutras similares por reducir o Goberno galego os prazos de exposición pública dos proxectos
Eivas de seguridade nunha residencia condenan a DomusVi a indemnizar unha morte co dobre do que lle impuxo a Xunta
Unha persoa residente nun centro público concesionado de Vigo, que debía estar “máis controlada”, caeu por unhas escaleiras que non estaban pechadas, e o TSXG considera que era “fácil” mellorar esa seguridade
O TSXG anula a repotenciación dun eólico en Corme e advirte á Xunta de que a súa norma para aceleralos salta a lei da UE
Como "a primacía do dereito comunitario non deixa lugar a dúbidas", o Tribunal conclúe que "a redución á metade do prazo de información pública" do impacto ambiental da repotenciación do parque de Corme "non foi acorde a dereito" e sentencia que a Xunta tamén contravén a norma da UE na tramitación dos informes sectoriais sobre o proxecto, cuxas obras xa concluíron
Transportes pon prazos ás infraestruturas pendentes en Galicia tras o remate da alta velocidade
Feijóo deixa agora en mans dos técnicos e Talgo o cambio de ancho da liña Ourense-Santiago e a entrada en servizo dos trens Avril
Feijóo insinúa que a xustiza non anularía a concesión de Ence se o Estado a defendese
O presidente amósase molesto co Goberno central tras lembrar este á Xunta que está a tramitar a reforma dunha instalación declarada ilegal pola Audiencia Nacional, e pide esperar ao recurso pendente no Tribunal Supremo
A Xunta aproba a oferta de emprego público docente para 2022, cuxas probas comezarán o 18 de xuño co procedemento habitual
O Goberno galego acelera a oferta deste ano e condénsaa nunha única convocatoria coa do pasado para que non afecte aínda a reforma estatal que quere beneficiar aos interinos para reducir a temporalidade no ensino
- Documento ENCE 2073
- Política Pontevedra
O Concello de Marín, gobernado polo PP, critica a reforma de Ence: "Crea un monocultivo con especies alóctonas invasoras"
O municipio lindeiro coa factoría de Lourizán emite un informe no que cuestiona o impacto visual do complexo, sobre a biodiversidade ou o tráfico
A Xunta rectifica tras anos repartindo axudas a concellos ás doce da noite pero mantén a velocidade como criterio para outorgalas
O Goberno galego lanza unha nova subvención avisando oficialmente o día antes pero agora xa non primará a funcionariado ou edís que sexan máis rápidos nas madrugadas de fins de semana senón aos que o sexan en horario laborable