Feijóo esgrime o bloqueo estatal na estrea parlamentaria de Caballero, que o insta a "gobernar o ano que lle queda"
"Leva xestionados máis de 100.000 millóns de euros cun balance fondamente negativo", advirte o líder do PSdeG na súa primeira sesión de control, que o presidente da Xunta procurou capitalizar anunciando envío dunha carta a Pedro Sánchez cunha "proposta de Real Decreto" que, di, permitiría transferir os fondos pendentes ás autonomías co Goberno de España en funcións