Goretti Sanmartín xa é a primeira alcaldesa de Santiago
A nacionalista, que liderará un goberno de coalición con Compostela Aberta, recibiu tamén o apoio do PSdeG e sumou 14 dos 25 votos da corporación municipal
A nacionalista, que liderará un goberno de coalición con Compostela Aberta, recibiu tamén o apoio do PSdeG e sumou 14 dos 25 votos da corporación municipal
Oihane Amantegi debuta na literatura cunha novela breve que ten moito de fábula, pero fala de circunstancias tan terreais como a perda, a ausencia e a morte. Conto ao carón do río está escrito orixinalmente en éuscaro e foi traducido ao galego por Isaac Xubín para a editora Rodolfo e Priscila. A escritora conversará coa editora Berta Dávila o domingo 11 na SELIC de Santiago ás 18 horas.
Santiago acolle este sábado a quinta edición do evento, con charlas, debates, presentacións, un mercado, música e un combate de debuxantes
Rosón (PSdeG) mantén que os socialistas apoiarán que Goretti Sanmartín sexa alcaldesa porque "a cidadanía non entendería outra cousa" e evoca anteriores acordos entre ambas formacións para abrir a porta a pactar unha eventual entrada no goberno despois da investidura. A candidata do BNG, que este venres se xunta con Compostela Aberta, reitera que procurará un acordo "estable"
O festival da lectura de Santiago celébrase do 9 ao 18 de xuño na praza da Quintana co propósito de "levar o protagonismo do papel ao directo", a presentación da SELIC Criminal e a participación de escritores como Cristina Morales, Diego Ameixeiras ou Bernardo Zannoni
Sanmartín pide "ter un goberno forte e sólido que comece a traballar" inmediatamente despois da súa investidura como alcaldesa o 17 de xuño. O candidato popular, Borja Verea, insiste en pedir aos socialistas que faciliten coa súa abstención o seu goberno en solitario por ser o PP a forza máis votada
O PP gaña as eleccións pero a esquerda suma máis edís, cun aumento notable do nacionalismo, que pasa de 2 a 6, e un retroceso do actual rexedor, o socialista Bugallo, que dimite tras empatar co BNG pero con menos votos
Os cálculos do Bloque pasan por lograr reter o groso do electorado que votou por Pontón en Santiago nas eleccións galegas e mais arrastrar electorado do PSdeG e CA en 2019. Economía, vivenda ou regulación do turismo, exemplifica Sanmartín, centrarían algunhas das súas primeiras medidas se logra o bastón de mando
María Rozas coida que o electorado santiagués foi "vítima dunha estafa" no mandato que remata: "Os que viñan como bos xestores non melloraron absolutamente nada". "É a candidata máis solvente, a mellor preparada, a que representa un espazo de esperanza", afirma o ex-alcalde Martiño Noriega
A ministra de Traballo, o portavoz de campaña do PP, o líder do PSdeG e a portavoz nacional do BNG coinciden na celebración compostelá apoiando os candidatos dos seus partidos. A vicepresidenta do Goberno de España implícase con Compostela Aberta, confluencia que mantén unidas as formacións que a puxeron en marcha.
Ana Pontón pide "concentrar o voto" no Bloque e apela a quen optou pola formación nas últimas eleccións galegas para que apoie agora a Goretti Sanmartín como "alternativa de futuro" en Compostela. A candidata expón o seu modelo turístico, con medidas como declarar a zona histórica como área saturada de tendas de souvenirs