"A seguridade reduciuse un millón de veces", din dous expertos no sistema de control da velocidade desconectado en Angrois
Ratifican no xuízo que se o ERTMS estivese activo no tren, aínda que nas vías rematase antes de Angrois, frearía o convoi se o maquinista non confirma que é consciente de que pasa a controlar por completo a velocidade, o que o podía recuperar do seu despiste. Un terceiro experto asegura que os fallos do ERTMS que levaron a Renfe a apagalo non afectaban á súa seguridade, pero descoñece por que a empresa pública tomou esa decisión en lugar doutras medidas provisionais que o manterían activo