Terceira anulación xudicial dun contrato de transporte escolar da Xunta por mor do "dominio" de Monbus
O TSXG anula a adxudicación dunha ruta escolar por 2,3 millóns a unha unión de empresas "dominada ao 97% por Monbus porque, no conxunto do concurso, foron "superados os límites de adxudicación permitidos" a unha mesma compañía. Estas sentenzas chegan despois de que o propio TSXG ordenase a Competencia da Xunta sancionar a Monbus e Alsa por "repartirse o mercado" de adxudicacións