Todos os bloqueos do traspaso da AP-9
Dúas décadas despois de que a Xunta manifestase por primeira vez interese en obter as competencias sobre a autoestrada do Atlántico, a lei galega unánime lanzada tres veces para logralo vén de chegar máis lonxe ca nunca, pero cun longo camiño aínda por diante que chega tras os vetos do Goberno de Rajoy que impediron chegar a debatela e os adiamentos, xa con Sánchez na Moncloa, por dúas eleccións xerais e, sobre todo, por múltiplas ampliacións dos prazos de emendas