'O Corno' e 'Matria' conquistan os Mestre Mateo na noite con máis mulleres premiadas do audiovisual galego
A XXII edición dos Premios Mestre Mateo deixa un palmarés protagonizado polas mulleres profesionais do sector, premiadas na maioría das categorías
- Reportaxe
- Acontece
Facer 40 anos en 2024: a "estabilidade inestable" dunha xeración
Unha ducia de voluntarias e voluntarios comparte con Praza.gal como chega ao seu 40 aniversario no contexto actual. Non ter unha vivenda en propiedade ou o coidado dos pais e nais que ven vir preocupa moito a estas persoas, que na súa maioría vive de alugueiro. O ritmo biolóxico non descansa e a maternidade afecta principalmente as mulleres en 2024, aínda que compartan os fillos coas súas parellas. De equilibrios para chegar a fin de mes a unha deriva de consumo masivo, así están as que naceron en 1984
- Entrevista | The Rapants
- Cultura
"O que buscamos é afrontar todo o que poida xurdir no noso día a día evadíndonos das malas vibras a través da música"
The Rapants, que son Xanma, Xaquín, Samuel e Matías, levan uns meses que probablemente non contaban nin eles, pero ás veces o traballo dá os seus froitos e quen sabe o que ten que pasar para que unhas cancións cheguen á xente con tanta forza. Sexa o que sexa, co seu terceiro álbum, La máquina del buen rollo, os de Muros deron na tecla axeitada: nove cancións que a xente da súa xeración (e a das máis veteranas) quere cantar e bailar sen parar.
Dos lavadoiros á Revolução dos Cravos: as curtas galegas na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
'Lavadoiro', de Ana Amado e Lois Patiño; 'A revolución (é) probábel', de María Ruido, Paula Barreiro-López e Lee Douglas; 'Habitar', de Anxos Fazáns; e '12 de maio de 1937', de Mar Caldas, son as curtametraxes galegas que compiten na 19º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego
Asasinato machista en Ribeira
A Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero confirma o caso como o primeiro asasinato machista en Galicia de 2024. O Ministerio de Igualdade informa de que "existían denuncias previas por violencia de xénero contra o presunto agresor por parte doutra parella".
- Entrevista | Cris Iglesias
- Cultura
"Apetéceme gobernar as miñas ideas"
A actriz coruñesa Cris Iglesias participa no filme Tratamos demasiado bien a las mujeres, con produción galega por parte de Ficción Producciones e rodado en Vilalba, que xa está en cines. Con ela repasamos os seus últimos proxectos, o momento no que se viu capaz de chegar a ser unha actriz profesional grazas a unha serie da TVG e as contradicións que acompañan as mulleres na industria do audiovisual.
- Entrevista | María Barcala
- Cultura
"O teatro é un medio de expresión que debe formar parte dunha comunidade e permitirlle reflexionar dun xeito pacífico"
A actriz María Barcala recibe o Premio de Honra Marisa Soto que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia tras máis de corenta anos no mundo da escena. "O teatro chamoume a atención dende sempre, forma parte do xogo e da nena interior que levo dentro. Dalgunha maneira, conseguín que fose a miña vida", asegura
A orientación e identidade sexual xa é a motivación discriminatoria máis común entre os delitos de odio
Un de cada cinco delitos de odio cometidos no Estado español entre 2002 e 2021 tivo como obxectivo a orientación e a identidade sexual das vítimas. Son datos dun estudo encargado polo Consejo General do Poder Judicial que analiza sentenzas publicadas de 2018 a 2022
A especialidade xudicial en violencia de xénero pon o foco no "sometemento" da muller polo "heteropatriarcado"
"É favorable que se asocie á especialización dos xulgados unha especialización dos e das profesionais destinados nos mesmos", destaca a xuíza de Lugo Sandra Piñeiro sobre a inminente creación desta especialidade xudicial en violencia de xénero, que "non resolve por si soa a carga de traballo dos Xulgados de Violencia sobre a Muller pero si dá máis estabilidade", como apunta a xuíza de Pontevedra Belén Rubido
Unha serie creada pola Xeración Z para AGalega dá vida ás mulleres que a Historia colocou nas marxes
"Queriamos visibilizar as mulleres artistas que tiveron que facer a súa creación nas marxes das marxes", conta a co-directora Amara Fontao sobre 'Nosoutras', a serie protagonizada por Isabel Garrido que se pode ver na plataforma AGalega da CRTVG.
- Entrevista | Xabier Díaz
- Cultura
"Algún tipo de resorte fai que respondamos a ese aturuxo eterno, atávico e ancestral"
Xabier Díaz está na súa casa guitarreando un pouco, nun momento para el, cando atende a chamada de Praza.gal para falar de Axúdame a sentir, un disco no que volve ir da man das Adufeiras de Salitre. Colle o teléfono aínda coa guitarra na man. Son os días previos á presentación deste novo álbum, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo este sábado, 9 de marzo. Un álbum que profunda na súa pegada máis persoal e que mostra como el mesmo vai mudando cos anos, que leva por título unha frase que adoitaba dicir a súa avoa materna
Un 8M compartido: que lle descubriu o feminismo ás mulleres novas do país
O feminismo é unha revolución permanente que ten que seguir poñendo o foco na igualdade efectiva no só no Día Internacional da Muller, senón todos e cada un dos días do ano. E unha revolución que precisa da implicación de toda a sociedade. Fillas de Cassandra, Arancha Nogueira, Isabel Garrido, Elba Souto, Inma Veiga, Ana Gayoso, Laura Camino Plaza, Ánxela Fernández Callís, Esther Estévez, Laura LaMontagne, Sara Seco, Andrea Maseda, Coral Piñeiro, Carlota Ducottet, Paula Jorge, Carmen del Río, Nicole Grueira e Cristina Incio del Río, dezanove mulleres menores de 35 anos do país, falan en primeira persoa sobre aquilo que descubriron grazas ao movemento feminista.