- Entrevista | Raquel C. Pico
- Cultura
"As mulleres estaban aí, accedendo á información, así que a historia é máis ampla do que pensabamos"
Raquel C. Pico, xornalista freelance e cofundadora de Disquecool, escribe no ensaio 'Noticias da modernidade. A muller moderna na prensa galega dos anos 20' (Galaxia) sobre como era a representación feminina nos xornais da época e sobre os estereotipos que chegaron ata os nosos días por non cuestionar determinados discursos
A xustiza conclúe que o Concello de Vigo era o encargado do mantemento do paseo que afundiu no accidente do Marisquiño
O TSXG anula o convenio 'Abrir Vigo ao Mar' asinado en 1992 entre o Concello, Zona Franca e a Autoridade Portuario ao considerar que o consistorio incumpriu a súa obriga de manter e conservar parte da área afectada por ese acordo, na que se produciu o accidente do Marisquiño
A Audiencia volve rexeitar o recurso da Xunta contra a orde estatal que aumenta a protección do lobo
A Audiencia Nacional considera que o novo recurso da Xunta sobre as medidas de protección do lobo inclúe “afirmacións non apoiadas en datos obxectivos” e volve rexeitar a suspensión da súa aplicación porque “debe prevalecer o interese xeral de conservación da especie”
"Os poderes xa non poden obviar o feminismo": o 8M desde a óptica das xuízas
As xuízas Paz Filgueira e Sandra Piñeiro comparten con Praza.gal como chegan a este Día internacional da Muller desde o sistema xudicial e cales son as cuestións a reivindicar neste 8M, dende as eivas estruturais ao machismo cotián
- Entrevista | Ana Mª Núñez Rubines
- Acontece
"Non ter un corpo dificulta moito a despedida e provoca a sensación de que ese duelo non está lexitimado"
A coordinadora do Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias, Ana María Núñez Rubines, explica como foi a atención ás familias da tripulación do Villa de Pitanxo despois do naufraxio en Terranova. ″Houbo moitas incógnitas que xeraron tamén impotencia nos propios profesionais″, recoñece
"Amo a miña terra e non vou permitir que a destrúan": o relato dunha ucraína desde Lviv
Tatiana Hunko cruzou Ucraína coa súa filla de 14 anos para poñela a salvo no medio dunha guerra que para ela xa dura 8 anos. Desde Lviv, preto da fronteira con Polonia, conta como se están a organizar en grupos de defensa territorial e como está a colaborar para ser útil
O Supremo ratifica en dúas sentenzas que a Xunta autorizou ilegalmente o parque eólico de Sasdónigas
O alto tribunal fai firme a sentenza coa que o TSXG anulou hai ano e medio o permiso que o Goberno galego deu en 2018 para ampliar unha instalación que foi fragmentada artificialmente e que afecta ao Camiño de Santiago
- Reportaxe
- Acontece
As mulleres do mar, en terra: "Na rúa non chorabas, chorabas na casa sen que te visen os fillos"
Fina Delgado e Isabel Cruz son mulleres do mar de Marín, pero das que quedan en terra. Pasaron de despedir os seus pais e maridos, que marchaban en barcos de madeira, a mandarlle mensaxes aos seus fillos para comprobar se seguen ben
A falta de formación no Sergas para aplicar a lei de eutanasia atranca a petición dun home de 90 anos
O colectivo Dereito a Morrer Dignamente Galicia fai público o "maltrato" por parte do Sergas a un ancián da Coruña que ten expresado o seu desexo de pór fin á súa vida con axuda médica e reclama formación para aplicar este novo dereito fundamental
'Es ti que cantas': unha nova fiestra para achegarse a Rosalía de Castro
O proxecto dirixido por Tamara Canosa interpela a 'Xeración Z' para que reinterprete a obra de Rosalía e brinda unha nova oportunidade de adentrarse na súa obra, a través dos audiolibros coordinados por Xosé Barato
O 70% das enfermeiras eventuais do Sergas pensou en abandonar a profesión pola precariedade que sofre
O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita publica unha enquisa na que pon de manifesto a acumulación de contratos, pois o 62% tivo máis de 100 na súa vida laboral, e a dobre penalización das mulleres ao ser nais posto que o 41% afirma que non puido acollerse ás horas de lactancia
Unha "repentina parada" do motor do Villa de Pitanxo deixou o barco "exposto ao vento" e provocou o naufraxio
A armadora do barco con base en Marín di que o patrón lles trasladou unha perda do control da nave por unha parada no motor que o deixou "exposto ao vento e ás ondas" no medio do temporal nas augas de Terranova