- Reportaxe
- Acontece
Crises de ansiedade, adiccións, autolesións, acoso, depresión: medran as peticións para incorporar psicólogos aos institutos
"Vemos unha sociedade enferma con adolescentes que están sufrindo", asegura a presidenta da Sección de Psicoloxía educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Manuela del Palacio, que reivindica a necesidade de "pasar á acción" e incorporar a figura do psicólogo ou psicóloga educativa aos centros de secundaria
Os "ideais revolucionarios" que emerxen da "ialma da nación" nos primeiros artigos de Francisco Fernández Del Riego
A Editorial Galaxia publica 'Loitando pola Galicia que non foi. Artigos e conferencias. 1932 - 1936', no que figuran os artigos de don Paco desde que en 1931, con 18 anos, se incorpora ao nacionalismo galego e ata o ano 1936, cando se ten que esconder para salvar a vida. Unha "xusta recuperación para a memoria colectiva", en palabras de Justo Beramendi, que está a cargo da presente edición.
- Entrevista | Luca Chao
- Cultura
"O meu gran obxectivo con este libro é chegar a potenciais feministas"
Luca Chao vén de publicar na colección Feminismos da Editorial Galaxia a obra Feminismo en cen palabras, un compendio de explicacións de conceptos que arrodean a este movemento e que a autora define como "dicionario feminista".
O libro que deixou a conciencia tranquila a don Paco xa está na súa Biblioteca en Galaxia
"Non valerían nada o tempo e o espazo se non tivesen un contido", escribe Paco del Riego a propósito da súa intención de "resucitar os momentos pretéritos" e recuperar o "ambiente espiritual" nas páxinas de 'O río do tempo. Unha historia vivida', unhas memorias publicadas en 1990 en Edicións do Castro que a Editorial Galaxia recupera para a Biblioteca Fernández del Riego
- 📺 Reportaxe
- Acontece Pontevedra
'Urbtopías' pensa a cidade como paisaxe sonora, espazo de creación e protagonista da información
Os encontros de 'Urbtopías' en Pontevedra poñen o foco na participación da cidadanía na construción das cidades centrándose nas paisaxes sonoras, na creación que se promove desde as institucións que fan unha cidade, no modelo de 'cidades suaves' e no xornalismo local encargado de narrar unha cidade
Alzas de prezos e peches de comercios aceleran o interese pola conversión de baixos en vivendas
"Cos locais comerciais hai demasiada oferta e pouca demanda, pero no mercado dos pisos sucede á inversa", explica o arquitecto vigués Alexandre Cameselle, especializado en transformar locais comerciais en vivendas, que ve factible "ter duascentas vivendas máis na cidade nun ano" se a Xunta actualiza as normativas
- Entrevista | Antón Mascato As letras de don Paco
- Cultura
"Paco del Riego é o imprescindible da vida política e literaria da Galicia do século XX"
'Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil' (Editorial Galaxia) é un libro híbrido que presenta a don Paco para quen pouco sabe del e que permite repasar os principais fitos da súa vida a quen xa o ten presente. Antón Mascato escribe e Pepe Carreiro ilustra este artefacto literario que converte ao homenaxeado nas Letras Galegas nun personaxe de banda deseñada.
O Sergas admite eivas no plan para valorar as crianzas a través da enfermaría e matízao reuníndose só con pediatras
A xerencia da área sanitaria de Vigo reúnese cun grupo de pediatras ante o malestar creado pola norma na que o persoal de enfermaría ten que valorar as crianzas e consultarlles por teléfono aos pediatras e matizará o protocolo sen contar con enfermaría
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece
O Sergas, na ollada do futuro persoal médico: "A solución non é formar máis, é dar boas condicións aos que están"
"Hai profesionais, o que non hai son medios e condicións laborais dignas", di quen está a piques de iniciar a residencia para converterse nunha médica especialista no Sergas. Laura Abad, Adrián Castro e Xeila Crespo acaban de aprobar o MIR e explican a saturación que ven na sanidade desde dentro
O Sergas impón que enfermaría valore as crianzas nos centros de saúde sen pediatras e a CIG denuncia "inseguridade xurídica"
A nova instrución do Sergas en Vigo é citar as crianzas "inicialmente con enfermería" cando non haxa pediatra no seu centro de saúde e soliciten a asistencia no día, polo que será esta ou este profesional quen realice "unha primeira valoración e comunicará a mesma telefonicamente ao pediatra". Desde a CIG-Saúde critican que se carga ao persoal de enfermería cunha responsabilidade que non ten que asumir
- Entrevista | Beatriz Liz de Cea As letras de don Paco
- Cultura Vigo
"Don Paco tiña unha sensibilidade artística moi afianzada dende moi novo"
En 'Don Paco. Letras para a arte galega', que vén de publicar a Editorial Galaxia, a historiadora Beatriz Liz de Cea profunda no papel de divulgador e defensor das e dos artistas galegos que mantivo Francisco Fernández del Riego ao longo da súa vida, na que xuntou unha colección que repasa os principais expoñentes do século XX, que legou á cidade de Vigo
Buscan as familias de cinco asturianos fusilados en Celanova tras lograr identificar a Marcelino Fernández e Abelardo Suárez
Grazas ás comparacións de ADN un equipo multidisciplinar que traballa cos restos da foxa común de Celanova vén de identificar a dous mozos de Xixón fusilados hai 84 anos. Seguen buscando ás familias de Baldomero Vigil Vallejo, Guillermo de Diego Álvarez, Alfonso Moreno Gayol, Belarmino Álvarez García e Mariano Blanco González para identificalos