Feijóo rescata para o Senado aos ex-conselleiros aos que sacrificou ante Caballero e Baltar
A Mesa do Parlamento decidiu que o nome que se vote o martes para o terceiro senador, o que corresponde á oposición, sexa o de José Manuel Sande, proposto polos críticos de En Marea antes da ruptura do grupo deste xoves
Feijóo eloxia o seu “goberno estable” ante os seus altos cargos, dos que só 13 de 66 se manteñen desde que chegou á Xunta
Os cambios no Goberno galego en función dos intereses electorais do PP veñen sendo constantes e rexistrándose en calquera momento dos últimos mandatos
Feijóo tenta retomar a iniciativa política e lanza a longa precampaña das eleccións galegas
Tras dúas históricas derrotas electorais consecutivas do PP galego, o presidente convoca aos medios de comunicación a unha arenga pública aos seus altos cargos sobre os obxectivos da Xunta para a próxima década
O país dos tres aeroportos vai agora a polas cinco terminais de cruceiros
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, que preside o marido da ex-ministra Ana Pastor, ampliará novamente os seus peiraos, agora para tráfico de turistas, 143 en 2017
O bipartito de Jácome e o PP ponse en marcha e Baltar presume de que “agora” teñen unha “relación excelente”
O vicepresidente da Xunta dille ao rexedor ourensán que ten que “falar con responsabilidade” tras asegurar que na cidade existe unha “mafia policial”
Feijóo lamenta que o investimento da Xunta en Vigo “non tivo rendibilidade electoral” para o PP
O presidente atribúe a caída dos populares fronte a Caballero a que non foron quen de “comunicar” o feito polo seu goberno
Vigo, Santiago e Pontevedra xa repartiron áreas de goberno e o resto de cidades ultiman as súas
A lei dá 30 días aos alcaldes e alcaldesas tras as súas investiduras para convocar un ou varios plenos extraordinarios nos que informen do reparto de áreas nos seus gobernos municipais e establezan a organización interna de cada concello
Lara Méndez inicia o seu segundo mandato en coalición co BNG para lograr un Lugo “máis orgulloso do seu”
A rexedora reclama do resto de administracións que poñan fin ás “escusas que se utilizan de xeito constante para frear o desenvolvemento da Galicia interior”
Caballero recunca con "maioría absolutísima" fronte a un PP no que 16 candidatos renunciaron a tomar posesión
Tras a dimisión da candidata Elena Muñoz ao obter só 4 edís, a dirección dos populares impuxo como novo portavoz na oposición ao número 20 da candidatura
Bugallo volve á alcaldía de Santiago que deixou en 2011 para afrontar agora un goberno en minoría
O socialista presenta o Xacobeo 2021 como “o gran reto deste mandato”, durante o que se converterá no rexedor máis lonxevo do último século na cidade, superando ao seu antecesor Xerardo Estévez
O candidato do PP en Castrelo anuncia obras da Xunta só se el é alcalde e o Goberno galego desenténdese
Tras a anterior maioría absoluta do BNG, o 26M deixou os nacionalistas como forza máis votada pero empatada a 3 concelleiros co PSdeG, ao que ofreceron un pacto de goberno, e PP, que reclama o apoio dos socialistas
Repartir a alcaldía dous anos para cada un: así saíu no pasado en Baiona e Toques
Os acordos entre partidos para alternarse o bastón de rexedor nun mesmo mandato tiveron resultados dispares en Galicia tras acadarse en ocasións en circunstancias extraordinarias como tras unha condena por abuso sexual