Elena Muñoz dimite tras deixar o PP por baixo do 14% en Vigo fronte a Caballero
A ex-conselleira de Facenda, aposta persoal de Feijóo xa en 2015 e que contou cunha intensa campaña de apoio desde a Xunta, deixa novamente descabezado o PP de Vigo, do que era a súa presidenta
- Entrevista | Ana Ermida (BNG) 26M locais e europeas
- Política Lugo
“Fóra do que digan os xulgados, é un feito como está Barreiros e iso foi o que a xente valorou”
O BNG quítalle Barreiros ao popular Alfonso Fuente, que apostou polo crecemento urbanístico desaforado e no último ano viu como ao tempo a xustiza consideraba ilegais as súas licenzas de construción pero o absolvía do delito de prevaricación
A inestabilidade cambia de beira no Val Miñor
Baiona pasa da maioría absoluta coa que viña gañando o conselleiro Almuiña a unha corporación fragmentada en seis partidos liderada polo PSOE, que asegura Gondomar e converte Nigrán na única vila de máis de 15.000 habitantes tras Vigo na que o gañador superou o 60%
O PP perde nas urnas a alcaldía de Barreiros que viña de recuperar no xulgado
O alcalde deixara o partido pero non o cargo ao ser xulgado por prevaricación por autorizar 3.000 vivendas nun ano nunha vila de 3.200 habitantes, pero en febreiro foi absolto, volveu ser o candidato popular e agora é adiantado polo BNG
Feijóo fai ver que ten máis tirón electoral que o PP e arrefría a posibilidade dun adianto electoral en Galicia
O presidente insiste no dereito do PP a gobernar Ferrol e A Coruña ao ser a lista máis votada. O PSdeG advírteo de que "a mensaxe en Galicia é de cambio" e tanto Leiceaga como Pontón aseguran que lle queda "un ano" á fronte da Xunta
Só un dos cinco ex-conselleiros que Feijóo presentou ás municipais mellora resultados, pero non gobernará
O presidente fracasa coa maioría das súas apostas máis persoais e con operacións que, tras admitir que debilitaban a Xunta, agora fan o mesmo co PP en varios concellos que perde
O PP perde por primeira vez Vilalba, onde chegou a acadar o 82% dos votos
A metade do último mandato os populares, teméndose o peor, decidiron substituír o alcalde, o que non impediu o seu descenso ata o 39% dos votos
O PSdeG gobernará Ourense se PP e Jácome non pactan
O ata agora alcalde Jesús Vázquez, único rexedor popular das sete cidades, baixa de 10 a 7 edís, mesmos concelleiros que gañan os socialistas, con Democracia Ourensana de novo como árbitro da estabilidade
Bugallo recupera a alcaldía de Santiago oito anos despois tras perder Compostela Aberta a metade dos edís
O socialista obtén 10 edís por 5 da formación que encabezaba Martiño Noriega, mentres que o popular Agustín Hernández cae de 9 a 8 concelleiros empeora aínda máis os que xa eran os peores resultados dos populares na cidade
Caballero queda só en Vigo tras superarse a si mesmo
O socialista supera o 67% dos votos, convértese no máis lonxevo da cidade de cando menos o último século e reduce o PP ao 14% dos votos
- Crónica 26M locais e europeas
- Política
Retrato persoal con eleccións galegas ao fondo: así foi a campaña do 26M
A clave personalista das candidaturas ás alcaldías, pero tamén en torno aos líderes das principais forzas políticas, foi clave nunha carreira electoral que, nada máis rematar, deixará definitivamente aberta outra precampaña, a dos comicios galegos máis incertos dende a caída do bipartito. Eses que Feijóo pode convocar en calquera momento ata setembro de 2020
Inauguración sen goberno, goberno sen inauguración
A poucas horas do remate da campaña, Abel Caballero fai un acto electoral na renovada Praza de América de Vigo o mesmo día en que o Concello a abriu tras as súas obras e Fomento pon en servizo un novo treito da Autovía Santiago-Lugo