- Galería Coronavirus
- Acontece
Unidade na homenaxe de Galicia ás vítimas do coronavirus
A interpretación dos himnos e de ‘Negra sombra’ e unha placa conmemorativa centran o breve acto civil ao que asisten as principais institucións e partidos do país
A Xunta deixa no aire cando menos ata o 1 de xullo as festas, ludotecas e discotecas malia a saída do estado de alarma
“Verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras” quedan condicionadas a unha futura decisión do Goberno galego “sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle”
A saída de Galicia do estado de alarma adianta a volta dos cortes de luz, auga ou gas aos domicilios
“Sete días antes ou sete días despois a situación será igual en toda España”, xustifica Feijóo, que confronta unha nova tarxeta autonómica para que familias sen ingresos merquen produtos de necesidade durante tres meses co ingreso mínimo vital estatal
Galicia sae o luns do estado de alarma pero a Xunta dita normas para unha nova fase de desconfinamento de 15 días
Feijóo gábase do control da enfermidade pero admite que o país seguirá en “situación de máximo risco durante meses, semestres e probablemente dous anos”
Madrid e Lisboa abrirán o luns tres novos pasos fronteirizos sobre o Miño tras case dous meses de reclamacións desde a raia
As pontes de Goián, Salvaterra e Arbo poderán empregarse de luns a venres de 8 a 22 horas, paliando así algúns dos rodeos aos que se ve obrigado o persoal transfronteirizo
O novo PXOM de Vigo renuncia á Rolda que definía o de 2008, anulado polo Supremo
O documento inicia agora a súa avaliación ambiental, procedemento que o bipartito quixo axilizar ilegalmente provocando a anulación xudicial de todo o documento sete anos despois
A Xunta Electoral pide ao Goberno galego que concrete "coa máxima celeridade" a mobilidade que terán as residencia de maiores
O órgano supervisor dos comicios rexeita que se poida pedir o voto por correo co sistema de clave electrónica da Xunta e Feijóo “lamenta” que non dea por válidas para o 12X as solicitudes de voto exterior xa feitas para o 5A
O protocolo contra o acoso laboral na Xunta esixe silencio aos denunciantes e segue sen cumprirse un ano despois de ampliar os seus prazos
O Goberno galego, que deita a metade da responsabilidade nos sindicatos, admite que o prazo máximo de medio ano para resolver os casos “pode modularse” malia que hai denuncias pendentes de hai máis dun ano
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia acumula catro días sen mortes por coronavirus e dous sen novos diagnósticos por PCR
As persoas hospitalizadas son só 23, e delas hai cinco días que só unha está en UCI, cifras inferiores ás que había cando se declarou a emerxencia sanitaria
Sánchez non contempla a mobilidade entre comunidades ata o 21 de xuño e Feijóo suxire adiantala con Asturias
O presidente do Goberno central anuncia que 225.000 persoas xa cobrarán o 26 de xuño o ingreso mínimo vital en todo o Estado e o galego críticalle diversas medidas económicas
As enquisas do 12X no estado de alarma revalidan a absoluta do PP coa incógnita do impacto da abstención no resultado
BNG e PSdeG rexistran fortes ascensos que permitirían aos socialistas recuperar a segunda posición nun Parlamento no que só entraría ademais Galicia en Común
A Xunta convocará ás portas do 12X as axudas por redución de xornada para coidar menores de tres anos, que centra nos homes
Atribúe á paralización polo coronavirus o atraso a respecto de anteriores convocatorias. O pasado ano concedeu 340 e denegou 386, a maioría porque as nais que as solicitaron tiñan parella e só están contempladas para pais ou familias monoparentais