Feijóo acepta "restricións nocturnas" pola COVID pero pide "non chamalo toque de queda" polo "impacto reputacional para España"
“Non estamos de acordo en que iso se chame toque de queda, iso é unha restrición sanitaria en horario nocturno”, di o presidente da Xunta, que se abre a posibles novas restricións tras pedir “non especular con medidas futuras”
Menos tempo de viaxe, pero menos trens: o coronavirus desloce a apertura do antepenúltimo treito do AVE coa Meseta
A entrada en servizo o martes de máis de cen novos quilómetros entre Zamora e Seabra reduce a menos de catro horas as viaxes entre Ourense e Madrid, pero con só catro Alvia diarios por sentido fronte aos seis anteriores á pandemia
- Crónica Coronavirus
- Política
Feijóo responsabiliza o persoal das residencias de maiores de protexelas da COVID tras preguntar Pontón como as blindará
O presidente di que os centros galegos se ven menos afectados “grazas a eses traballadores” e non concreta ningunha medida malia asegurar ter “unha proposta”
A Xunta reparte máscaras do Xacobeo tras desbotar sufragar as das escolas
O vicepresidente Rueda entrega en man proteccións o mesmo día en que Feijóo anuncia tres meses máis da tarxeta moedeiro para familias necesitadas
Os eólicos volven ameazar a serra da Groba, con hábitats que a Xunta leva unha década evitando protexer como pediu a UE
O Goberno galego recoñece oficialmente o beneficio económico que supón a “riqueza natural e paisaxística” da zona pero prioriza os muíños, con xa 44 planificados e obras previas en marcha
O Supremo ve "sorprendente" un novo intento de Iberdrola de reducir o imposto galego aos encoros e lémbralle que "abusa" da xustiza
A eléctrica acusou o alto tribunal de vulnerar os seus dereitos e cometer un erro “flagrante” nas sentenzas coas que a comezos de ano rexeitou as súas pretensións, pero os xuíces responden que só o di “porque non a agrada” o seu ditame avalando o tributo que creou o Goberno de coalición de PSdeG e BNG
Os catro prototipos contra a néboa na A-8 que comezarán a probarse sete anos despois de inaugurarse a autovía
O Ministerio de Transportes anuncia o inicio da fase de experimentación dos inventos contra a falta de visibilidade que corta de xeito recorrente un treito de 16 quilómetros que custou uns 200 millóns de euros
A Xunta négase oficialmente a facilitar os seus datos abertos do coronavirus malia á Lei de Transparencia
Sanidade responde a unha petición expresa de transparencia remitindo á web que activou a pasada semana, na que non existe a posibilidade de descargar e reutilizar series históricas de datos como aposta na súa propia lexislación
Feijóo responsabiliza o alumnado universitario da situación económica de Santiago polo coronavirus
O presidente insinúa que podería reducir aínda máis o límite de reunión de 10 persoas “no caso de que nos pisos universitarios se siga producindo este tipo de situacións”
- Documento
- Acontece
A investigación oficial atribúe a un controlador que un avión de Santiago se achegase demasiado a outro tras fallar un sistema de seguridade
Os días 2 e 3 de outubro de 2018 rexistráronse tres erros dun dos dous sistemas automáticos que evita colisións en voo, un deles cun voo desde Lavacolla con 184 persoas a bordo, pero a análise oficial pon o foco nun erro humano
Os disparos accidentais de caza mataron sete persoas en Galicia na última década, segundo o Goberno central
O Executivo cifra en 47 as persoas que recibiron en territorio galego “disparos accidentais pola actividade de caza con arma”, un deles un menor
A Xunta asume unha baixada de ingresos pola crise e confía o seu orzamento para 2021 a fondos estatais e europeos
O Goberno galego inicia a elaboración das súas contas priorizando “os medios e o persoal precisos no eido sociosanitario” pero tamén “un Xacobeo 2021 que se desenvolva con éxito nas actuais condicións”