- Documento O foco na transparencia
- Economía
Oito voitres mortos nunha década: o "baixo" impacto do parque eólico cuxa divulgación requiriu dous anos de trámites
Nove días ao ano foi o ritmo de revisión de cada un dos 31 muíños de Montouto, no espazo protexido da serra do Xistral, durante último ano, período no que se atoparon un voitre e un miñato, datos coñecidos só grazas a unha sentenza do Tribunal Superior
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Todas as áreas sanitarias reducen os casos activos de coronavirus menos Ourense nunha xornada con 217 novos positivos
Catro novos falecementos, todos eles fóra das residencias, elevan a 755 os rexistrados desde o comezo da pandemia
- Entrevista | Miguel Santalices
- Política
"Un Parlamento con só tres grupos pode ter máis axilidade e consenso, pero entendo que haxa quen non se sinta representado"
“Espero que no futuro poidamos ter unha colaboración boa entre executivo e lexislativo”, di o presidente da Cámara, Miguel Santalices, tras a condena á Xunta a entregar documentos pedidos hai anos sobre as caixas de aforros, e lamenta o atraso na renovación da CRTVG: “Se somos os que lexislamos, deberamos ser os primeiros en cumprilo”
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Ourense adianta á Coruña como a área con máis casos activos de COVID-19 nunha xornada con 216 novos positivos en toda Galicia
Xunto con Ourense, que tamén é a peor área canto á incidencia, os casos activos só aumentan lixeiramente en Santiago, mentres no resto descenden e se rexistran dous novos falecementos
- Documentos Coronavirus
- Acontece
A Xunta di que Ourense "duplica" a incidencia da COVID-19 en Galicia pero non concreta cal é
O Goberno galego vén facendo referencia ás taxas acumuladas a 14, 7 e 3 días a nivel local, comarcal ou galego pero sen ofrecer datos concretos, que só se poden coñecer, para o conxunto de Galicia e só a 7 e 14 días, a través do Ministerio de Sanidade
A Xunta e o PP multiplican os actos sobre ocupación de vivendas mentres tribunais e policía desmenten a "alarma"
A conselleira de Vivenda reúnese cunha empresa que xestiona alugueiros e cataloga inquilinos e pide acabar coa “sensación de impunidade”
- Datos abertos Escola pública
- Acontece
47 casos de coronavirus máis nos centros educativos, pero 3 aulas pechadas menos
Son 305 os casos activos entre alumnado ou profesorado dun total de 203 centros educativos distintos
Do coronavirus aos incendios: un Día do Dereito a Saber ás escuras en Galicia
En contra das recomendacións da ONU e obviando a lei autonómica de 2016, a Xunta vén restrinxindo o acceso da cidadanía á información que posúe sobre todo tipo de cuestións da súa competencia, en particular relacionada con crises
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de coronavirus estabilízanse no conxunto de Galicia pero as áreas de Pontevedra e Ourense seguen a empeorar
A última xornada, con dous novos falecementos, os dous ligados a residencias de maiores, e unha lixeira redución da hospitalización, foi a terceira consecutiva con máis de 6.000 probas PCR
Só 10 dos 57 altos cargos da Xunta seguen no posto desde o primeiro goberno de Feijóo
O Executivo galego vén de aumentar en dúas as direccións xerais a respecto da estrutura anterior
O Parlamento leva nove meses sen aprobar unha lei, o período máis longo desde 1986
A paralización derivada do aprazamento electoral polo coronavirus prodúcese despois de que a pasada lexislatura fose a de menor produción da historia da autonomía, con só 22 leis, e segue pendente a de impulso demográfico, principal aposta declarada por Feijóo en 2016
En Marea disólvese catro anos despois da súa fundación
A formación creada inicialmente como partido instrumental e que chegou a ser segunda forza nas galegas de 2016 inicia o proceso da súa desaparición tras obter o 0,22% dos votos o 12 de xullo