- Datos Escola pública
- Acontece
258 positivos e 51 aulas pechadas tras a primeira semana de información sobre o coronavirus nos centros de ensino
Na última xornada aumentaron en 39 os casos positivos pero baixaron en tres as aulas pechadas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Segundo día consecutivo de récord de probas PCR, con máis de 6.500, e 267 novos casos, outros 13 en residentes en centros de maiores
Xa son 320 os usuarios afectados en once residencias de maiores, mentres nos hospitais aumentan os pacientes en UCI, ata 35, pero diminúen en planta, a 201
Silleda acolle desde o 3 de outubro as primeiras oposicións da pandemia á espera de que a Xunta concrete data e lugar para as máis concorridas
O Goberno galego comeza a reactivar os procesos, paralizados en abril, coas probas de funcionarización de persoal laboral, cun máximo de 300 persoas no exame máis numeroso, pero advirte de que "poderán ser modificadas por recomendación das autoridades sanitarias"
A Xunta dedica dous millóns de euros a “apoiar as orquestras galegas sempre que promovan o Xacobeo 2021”
A “reactivación económica e emocional de Galicia” a través do ano santo é un dos argumentos que emprega o Goberno galego para xustificar a subvención
Feijóo gábase da perda de 111 millóns de ingresos nun ano por rebaixas de impostos
O presidente salienta a decisión de quitar o imposto ás herdanzas de entre 400.000 e un millón de euros e presenta as exencións fiscais como “cartos que deixamos nos petos das familias”
Xacobeo vs. Ano Santo: Feijóo quere estender a 2022 o evento turístico e a Igrexa garda silencio no relixioso
O presidente bota sobre as autoridades relixiosas a responsabilidade dun evento que ao seu ver vai "máis alá dunha celebración, debe ser unha ferramenta económica na que debemos tentar apoiarnos". O arcebispado compostelán limítase a evidenciar que a celebración relixiosa comezará cando estaba previsto mentres o número de peregrinos experimenta unha histórica caída
- Crónica Coronavirus
- Política
Feijóo desvía ao persoal sanitario e educativo as críticas de Pontón e Caballero no primeiro pleno da lexislatura
O presidente da Xunta atribúe ao PP “o difícil” de iniciar o curso escolar, lembra que gañou as eleccións e di que “o Goberno en España se desentendeu da pandemia”. “Cada vez que se lle fai unha crítica ao seu Goberno o que non pode é atacar aos profesionais, é deshonesto”, censurou a líder do BNG
- Datos Escola pública
- Acontece
Os casos de coronavirus nos centros educativos aumentan a 161, con 35 aulas pechadas
O segundo parte oficial divulgado pola Xunta este martes, tras o primeiro do pasado sábado e aínda sen comezar as clases en secundaria, reflicte un aumento de 65 casos e 8 aulas afectadas
O falecemento dos dous pilotos do hidroavión caído en Lobios fai que as mortes por incendios forestais superen a trintena en tres décadas
Persoal dos servizos de extinción seguido de persoas de idade que estaban realizando queimas son o perfil máis habitual
- Datos Coronavirus
- Acontece
Segue a moderación no ritmo de novos casos de coronavirus en Galicia, pero con tres mortes máis
Os datos deste luns, tras a habitual caída de notificacións da fin de semana, sitúan en 194 os novos casos positivos da última xornada, por baixo dos 200 por primeira vez en dúas semanas
Milleiros de aspirantes, á expectativa da previsión da Xunta de retomar as oposicións en outubro
O Goberno galego vén de nomear tribunais para varios procesos, o que implicaría a celebración dos exames en cuestión de semanas, pero os sindicatos descoñecen aínda os protocolos e lugares
- Documento O foco na transparencia
- Política
O Tribunal Superior obriga a facer público o impacto dun parque eólico nos paxaros dun espazo protexido
O TSXG rexeita o recurso da empresa contra a decisión da Xunta de facilitar a Praza.gal, en aplicación da Lei de Transparencia, informes ambientais dun parque en Rede Natura na Serra do Xistral, entre Abadín e Muras