Os socialistas presumen de gobernos co desembarco de Zapatero e Illa
Caballero pon o foco na capacidade de xestión dos socialistas en todo tipo de administracións e reúnese cos tres reitores acompañado polo ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque
A fronteira máis transitada reabre afastada dos focos e das prioridades de Madrid e Lisboa
Malia as reclamacións reiteradas, a raia foi a remolque durante os últimos meses das decisións dos dous estados para o resto das súas fronteiras
Cinco anos da morte dun axente forestal por “falta de dilixencia” da Xunta: o TSXG ratifica a condena
O Goberno galego recorreu a sentenza que hai un ano o considerara responsable do infarto dun traballador que xa sufrira outro ataque antes e o alto tribunal ratificouna nunha decisión que non transcendera ata agora
A Xunta paraliza a volta de discotecas na Mariña e reabre agora centros de lecer infantil tras adiar a setembro as escolas infantís
O Goberno galego rebaixa a voluntario o rexistro de usuarios tanto no lecer nocturno como nas ludotecas, nas que tamén poderán entrar adultos
- Documento
- Acontece
“A locomotora de cabeza sae despedida”: A descrición inicial do accidente do Alvia en Zamora que fan os investigadores
A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) abriu este luns o prazo de tres semanas para que as persoas interesadas na súa análise do sinistro poidan rexistrarse como tales, procedemento que non permitiu no accidente de Angrois
Feijóo pide seguir na Xunta esgrimindo riscos dun Goberno da esquerda, que se brinda ao pacto no debate electoral
A audiencia da Galega puido observar unha versión de Feijóo pouco vista nestas pantallas e mesmo, nalgún intre, puido velo fóra de xogo fronte a Caballero, Pontón e Gómez-Reino, que procuraron construír ante o electorado a imaxe dunha Xunta dirixida pola esquerda nun encontro constrinxido polo seu formato, con escasa marxe para o contraste de propostas
A Xunta Electoral encomenda ao carteiro identificar as persoas ás que entrega o voto por correo sen teren que asinar
O órgano de supervisión dos comicios rexeita peticións do Defensor del Pueblo e o PSdeG para que se esixise a rúbrica e lembra que o propio persoal de Correos “deberá comprobar a identidade de dito elector”
A cara B dos 11 anos de Feijóo (3): O goberno fiable fronte ao que di o DOG
Os gobernos de Feijóo, malia a maioría absoluta, non foron quen de aprobar medidas que prometeron pero ao tempo modificaron sucesivamente normas impulsadas previamente por eles mesmos
- Crónica Galegas 2020
- Política Pontevedra
Casado e Feijóo lánzanse eloxios nunha praza de touros de Pontevedra que o PP baleira en "homenaxe aos que nos deixaron"
“É a persoa que protexeu esta terra”, di do candidato o presidente estatal do PP, ao que Feijóo presenta como un “partido de Estado” que axudará á recuperación
- Documento Galegas 2020
- Política
O programa do PP promete obras do Plan Galicia que non foi quen de facer en 13 anos
O listado de promesas populares condiciona actuacións urbanas a que acheguen cartos os concellos, as deputacións e o Estado, ao que reclama tamén conectar Lugo co AVE malia prometer Feijóo en 2009 facelo el e despois pasar a factura
Dúas consellerías da Xunta discrepan sobre tapar ou non un escudo franquista no instituto Santa Irene de Vigo
O alcalde de Vigo reclama ao Goberno galego que cumpra a Lei de Memoria Histórica e tape o emblema e pregúntase “cantos partidos gobernan alí na Xunta con Feijóo, pero máis dun debe haber”
A Xunta publicita no primeiro día de campaña bus gratis para a mocidade ao tempo que prorroga prazos ás concesionarias
A conselleira de Infraestruturas convoca aos medios en Ourense para “supervisar” o funcionamento dunha tarxeta de transporte precargada mentres o DOG permite ás empresas que “non se cumpran certas características por parte dos vehículos” durante máis tempo do previsto