O Goberno central declara aloxamentos "esenciais" 37 hoteis e apartamentos turísticos galegos
Deberán acoller traballadores ligados ás actividades autorizadas e poderán permitir o acceso aos servizos de aseo aos transportistas aínda que non se aloxen neles
O transporte cae a menos dunha quinta parte do habitual na primeira semana de corentena, sen mortos nas estradas en Galicia
Os accidentes e incidencias doutro tipo nas estradas redúcense a unha cuarta parte mentres que o movemento de camións, pola contra, caeu só un 20%
A Xunta restrinxe polo coronavirus os desprazamentos a cultivos de autoconsumo a un máximo de 500 metros da vivenda
Suspéndense os mercados tradicionais de venda directa de produtos agrícolas ou gandeiros e será necesario o carné de manipulador de fitosanitarios para acreditar os desprazamentos non profesionais
A Xunta terá que pagar 4 millóns da multa da UE polo atraso das depuradoras de Vigo e Ribeira
O Goberno central traslada ás administracións responsables de cada incumprimento a súa parte da sanción comunitaria, que xa ascende a 32 millóns de euros no total estatal e dos que asume 1,6 millóns polas demoras en Santiago
Prazos e trámites que se suspenden ou adaptan durante o estado de alarma polo coronavirus
As restricións establecidas polo coronavirus inclúen a anulación das xestións presenciais e ofrecen á cidadanía vulnerable diversas moratorias
Barreiros ofrece pisos baleiros da burbulla inmobiliaria para facilitar illamentos e corentenas polo virus
“Podemos tirar cousas boas do mal feito”, di a alcaldesa, que se ofrece a coordinar os ofrecementos de particulares coas necesidades sanitarias
A Xunta reduce a unha cuarta parte a oferta de transporte interurbano e o tráfico cae na AP-9 a unha quinta parte
O Goberno galego mantén o transporte a demanda pero do resto de buses só circulará a metade e neles só se poderán ocupar a metade das prazas e non contiguas
A Xunta afronta a crise do virus con doce altos cargos baleiros tras cesar os seus titulares para iren nas listas do PP
Feijóo non considera prioritario facer novos nomeamentos e esperará a que se concrete como e cando se realizarán as eleccións
Os positivos por coronavirus en Galicia soben a 189, con catro altas e dous falecementos
Os pacientes están a ser maioritariamente atendidos na casa, un total de 148, e só 8 están a precisar asistencia na UCI. Este domingo a Xunta introducirá algunhas mudanzas nas medidas contra o virus en eidos como o ensino ou os centros sociais
A Xunta Electoral di que a celebración do 5A depende doutros órganos e pide “consenso” das candidaturas
O organismo salienta que a súa función é garantir as liberdades públicas durante o proceso electoral, pero que este xa está condicionado polas medidas de protección da saúde
Suspendidas diversas actividades xudiciais polo virus, entre elas declaracións sobre o accidente de Angrois
Catro testemuñas e diversos avogados tiñan que desprazarse desde Madrid, o que levou ao xulgado a adiar a citación. Están suspendidas as visitas aos xulgados que non estean relacionadas coa actividade xurisdicional e dispensado o uso de toga.
A conselleira de Medio Ambiente xa visitou tres veces a beneficiarios de vivendas protexidas desde que se convocaron as eleccións
Ángeles Vázquez chegou a protagonizar ela mesma a entrega de chaves de oito pisos nas imaxes oficiais da Xunta