O ministro Ábalos asegura que Feijóo “suxeriu” poñer en servizo antes o AVE cun sistema de seguridade inferior
O titular de Transportes responde así no Senado á pregunta do PP polos prazos da obra, pendentes das probas de seguridade do sistema que fallou no accidente de Angrois
'Despido' en diferido: cargos da Xunta manteñen actos oficiais tras o anuncio do seu cesamento para ir nas listas do PP
O propio Feijóo anunciou o xoves a saída, pero esta non se concretou no Diario Oficial de Galicia ata este luns, permitindo que os implicados asistisen a festas ou encontros con todo tipo de colectivos
O Tribunal Supremo condena á Xunta a pagar 3 millóns de sobrecustos no Gaiás: o proxecto “carecía de definición”
O Goberno galego xa daba por perdidos os cartos e agora o alto tribunal censúralle que nin sequera recorreu correctamente a sentenza previa que considerou que o Museo do Gaiás tiña “erros” e “non estaba suficientemente desenvolvido”
"Desafortunado e ata reprochable", pero non delito: a xustiza avala que ENCE fixese soar o himno para dificultar unha protesta
O Tribunal Superior ampara á empresa fronte á Asociación Pola Defensa da Ría, que a denunciara por activar a megafonía do recinto de Lourizán impedindo a lectura dun manifesto
Feijóo deixa a Xunta máis de dous meses sen unha ducia de altos cargos para iren nas listas do PP
Os cinco delegados territoriais do Goberno galego, e os titulares de Emigración, Igualdade ou Turismo, entre os cargos que cesan nas súas funcións para incorporárense ás candidaturas do PP
O Supremo abre a porta a que a Xunta teña que pagar 400 millóns ata 2048 polas peaxes de Rande e A Barcala
Cando en 2017 Fomento reduciu á metade a compensación a Audasa e eximiu de contribuír ao Goberno galego, Feijóo cuantificou nesa cifra o que se ía aforrar, pero o alto tribunal anula agora aquela decisión
A comisión de investigación técnica de Angrois volve negarse a analizar o accidente como pide a UE hai máis de tres anos
As vítimas concéntranse ante o Congreso durante unha comparecencia do ministro Ábalos esixíndolle que faga cumprir a reclamación comunitaria
O Goberno de Rajoy reduciu ilegalmente a compensación a Audasa por liberar de peaxe Rande e A Barcala
O Tribunal Supremo obriga a pagar á concesionaria os arredor de 6 millóns ao ano que deixou de percibir desde que en xullo de 2017 Fomento modificou unilateralmente a fórmula de cálculo desas peaxes na sombra
Francisco Vázquez louva que Feijóo fai “sentirse cómodos aos socialdemócratas” co seu “estilo nórdico” de gobernar
Catro meses despois de que o popular asistise á concentración pola unidade de España convocada polo ex-alcalde coruñés, o presidente elíxeo como presentador dun acto seu en Madrid
Audasa dálle a volta á condena por cobrar durante 81 atascos: “O 99,7% do tempo a AP-9 estivo perfecta”
“O xuíz rexeita as pretensións do fiscal”, asegura a empresa, malia que a sentenza estima varias delas, como que deixe de cobrar no futuro con atascos similares
O BNG denuncia a similitude de campañas da Xunta e o PP
Os nacionalistas reclaman á Xunta Electoral que garanta a neutralidade da administración e deixe de difundir “mensaxes idénticas ás usadas polo PP “
- Documento Reféns de Audasa
- Acontece Vigo
Audasa é condenada a devolver as peaxes cobradas cando hai atascos
Un xulgado acolle a demanda da Fiscalía contra a concesionaria da AP-9 polas obras de Rande, establece en que 81 momentos os usuarios se viron afectados e condena á empresa a non cobrar no futuro cando se repitan feitos similares