Caballero e Sánchez apelan ao diálogo territorial fronte á “confrontación” de Feijóo e o PP
O candidato socialista reclama aos seus mobilizarse para que a Xunta deixe de estar “pechada aos galegos” e o presidente compara a campaña coa de 2005 que levou a Touriño a San Caetano e na que el mesmo participou como asesor
- Liña de tempo Galegas 2020
- Política
Cinco anos despois de anular o 35% da Autovía da Costa da Morte, a Xunta anuncia en precampaña que retomará parte da obra
Dos 15 quilómetros paralizados executaranse só seis e cun só carril por sentido, cun custo de 28 millóns que se suman aos máis de 600 millóns que o Goberno galego ten que pagar ata 2038 polos 25 quilómetros xa en servizo
Feijóo rexeita dar explicacións no Parlamento sobre os negocios de Pemex en Galicia que investiga México
O presidente insiste en negar que o ex-director da petroleira detido en Málaga estea a ser investigado pola compra de Barreras, operación na que pescudan ata catro organismos en México
A Xunta anuncia que "humanizará" centros de saúde con madeira e persoal insta a facelo con máis profesionais
O Goberno galego anuncia o uso de madeira para o acondicionamento de consultas e salas de espera para "favorecer o benestar" dos usuarios e promover este material. Eventuais en Loita lamenta que o Sergas "non contemple a contratación e estabilizacion de persoal" para mellorar o servizo.
A Xunta convoca aos medios pero non ao Concello á entrega dunha casa protexida en Barreiros, con centos de pisos baleiros
O anterior alcalde, do PP, que si asistiu ao acto, deu licenzas para milleiros de segundas residencias que non obrigaban aos promotores a ceder espazos de uso público
Dous xulgados discrepan sobre se Vigo discrimina ou non ao restrinxir os descontos do bus urbano
Unha sentenza dá a razón a Redondela e anula a esixencia de empadroamento, e outra rexeita unha petición similar de Mos, as dúas non firmes e recorribles ante o Tribunal Superior de Galicia
Condena por desvío de poder na autovía que levou a Feijóo a renegar da colaboración público-privada
A sentenza que obriga á Xunta a devolver un terreo que ocupou ilegalmente para desdobrar o Corredor do Morrazo súmase a dúas décadas de polémicas nunha infraestrutura inaugurada varias veces
Batería de promesas para o rural no primeiro Consello da Xunta tras o adianto electoral
Como xa fixera na campaña das xerais, Feijóo centra a reunión do seu Goberno en reclamar medidas a Sánchez, agora en materia agroalimentaria, na que a Xunta só concreta 640.000 euros
Os partidos recibirán mil euros máis por escano tras o 5A que en 2016
Logo de baixar as subvencións electorais un 20% nas galegas de 2012, hai cinco anos o PP subiunas en solitario un 33% e agora actualízaas con outro 4,7%
A Xunta apropiouse dun terreo privado durante as obras da Autovía do Morrazo para favorecer á construtora
Un xulgado condena ao Goberno galego a devolver ao seu propietario os 15.000 metros cadrados no estado en que se atopaban, o que custará uns dous millóns de euros, e indemnizalo con 47.000 euros por cortar as súas árbores
A Xunta presenta obras e subvencións no primeiro día de prohibición de actos electoralistas para o 5A
Como en anteriores campañas, nas que foi apercibido pola Xunta Electoral, o Goberno galego intenta bordear o veto ás inauguracións con convocatorias que lle permitan publicitar as súas políticas
- Crónica Galegas 2020
- Política
Feijóo quere ser Fraga tras evitar ser Rajoy
Un día despois de adiantar as eleccións confirma que volverá ser o candidato do PP por cuarta vez, cuestión que todo o partido daba por feito pero que el deixaba no aire centrando así toda a atención na súa propia figura