A Fiscalía afea que Rajoy inaugurase a ampliación de Rande malia que “continuaron realizándose traballos na calzada”
Fiscalía e Avogacía do Estado enfróntanse no xulgado polas peaxes que Audasa cobrou malia estar a ponte en obras
Feijóo secunda a Urkullu e Galicia tamén votará o 5 de abril
Feijóo disolve o Parlamento e lanza de vez unha carreira electoral alegando razóns de "estabilidade". A esquerda volve aspirar a que o PP perda a maioría absoluta e faino cunha prevención engadida: que unha eventual baixada dos populares alén do limiar dos 38 escanos non sexa compensada cun socio pola dereita
"Polo monte" ou "polo Miño"? O vial Tui-A Guarda afectará a 23.000 metros cadrados de vides e carballos e 2.300 de ríos
O corredor prometido por Feijóo tras o 'Prestige' leva anos paralizado tras as protestas veciñais que discrepaban sobre o seu trazado, que vén de ser agora definido pola Xunta
A ex-conselleira Beatriz Mato ficha pola empresa enerxética Greenalia aos dous meses de deixar a política
A ex-titular de Medio Ambiente na Xunta e ex-portavoz do PP na Coruña incorpórase á empresa como directora de Desenvolvemento Corporativo e RSC e da futura fundación.
Unha condena á Xunta súmase agora ás irregularidades detectadas polo Consello de Contas na ponte da ría de Noia
O Goberno galego terá que pagar 14.000 euros de xuros por unha obra de 33 millóns na que obtivo unha rebaixa de só 4,53 euros por parte da adxudicataria tras mudar os criterios do concurso con este xa iniciado
A Xunta recupera o nome dun premio ambiental que outorgaba Fraga ata que afundiu o Prestige
O Goberno galego recoñecerá de xeito simbólico aos concellos sostibles tres anos despois de anunciar que o distintivo sería para propietarios de montes
A Xunta inclúe Noitebús nas novas concesións de transporte subvencionadas dez anos despois de suprimir o do bipartito
O Goberno galego emprega a mesma denominación do servizo que eloxiou en 2009 e cancelou en 2010 porque era “un gran esforzo económico que ten unha rendibilidade social moi pequena”
Feijóo nega que a morte dun paciente agardando no CHUS se deba a falta de persoal: “Non ten nada que ver”
O presidente publicita as oposicións que agora se celebrarán da oferta de emprego público de 2019 e salienta que permitirán reducir os contratos temporais aos que a Xunta vén recorrendo
A oposición chama a manifestarse pola sanidade ante un Feijóo compracente: "Menos mal que estamos aquí para defender Galicia"
O presidente enumera investimentos en centros de saúde e tecnoloxía como resposta ás demandas de máis persoal sanitario
A loita de Arbo e Melgaço contra o Salto de Sela triunfa 40 anos despois
O Goberno central inicia a extinción da concesión preconstitucional aínda vixente para executar o último gran encoro do Miño, que se suma á anulación
A Xunta aínda non dá por rematada a obra de ampliación da ponte de Rande pero está disposta a pagar para alumeala
O Goberno galego presenta varias ideas ornamentais para a ponte ao tempo que pon o foco nas actuacións compensatorias pendentes máis de dous anos despois de asistir á inauguración. "A Xunta non ten competencias nin achega fondos para este proxecto", retrucou o Ministerio, que reprocha "deslealdade"
A A-8 fai seis anos sen solución para a néboa e Transportes comeza aínda agora a contratar prototipos
O ministerio formaliza os contratos para probar sete posibles inventos contra a falta de visibilidade que corta de xeito recorrente un treito de 16 quilómetros que custou uns 200 millóns de euros