- Interactivo Coronavirus
- Acontece
O ensino remata o segundo trimestre cos casos de COVID estabilizados en menos de 500 desde hai dúas semanas
Os centros educativos chegaron ás vacacións do Nadal con case o dobre de casos activos que os que hai ás portas da Semana Santa, e agora hai nove aulas pechadas fronte ás 53 de decembro
- Datos Coronavirus
- Acontece
A estabilidade mantense no global dos indicadores da COVID un mes despois de comezar a terceira desescalada das restricións
O Sergas suma 152 novos casos e un falecemento e continúa reducíndose a ocupación dos hospitais
- Crónica
- Política
Xestores ou políticos segundo conveña: Rajoy e Feijóo fan do xuízo da caixa 'b' do PP un baile de máscaras
O ex-presidente do Goberno de España asegura no xulgado que el non xestionaba senón que só facía política, mentres que o da Xunta di que el non vai ao Parlamento a falar de política senón de xestión
Sanidade dá ata 15 horas á empresa que se encargue do rastrexo da COVID para comunicar posibles gromos
A Xunta fíxalle á teleoperadora coa que contrate o servizo uns mínimos de catro intentos e seis tons para as chamadas a posibles contactos de casos positivos
A Xunta admite que o último censo de lobos en Galicia é de 2015 e encarga outro
O Goberno galego defende manter a caza do animal fronte á maior protección que lle quere dar o ministerio pero non terá os datos sobre a súa poboación ata dentro dun ano
Feijóo xustifica coas variantes da COVID e a escaseza de vacinas a decisión de contratar agora un servizo estable de rastrexo
O documento oficial que autoriza a contratación do dispositivo non cita as circunstancias que agora esgrime o presidente, quen insinúa que sen elas o rastrexo seguiría outorgado a dedo por procedementos de emerxencia
O xulgado considera o maquinista responsable do accidente do Porriño de 2016, que o sistema de seguridade non puido evitar
Tras o sinistro no que morreron catro persoas, entre elas o condutor, Adif mellorou en toda a rede ferroviaria o dispositivo de sinalización a outro co que a instrutora admite que “a gravidade do accidente sería menor”
- Documento Coronavirus
- Política
A Xunta non decidiu contratar un sistema estable de rastrexo da COVID ata que "a situación se complicou" no Nadal
Sanidade argumenta agora que “a incerteza ante a aparición de novas ondas desaconsella” manter o servizo con procedementos de emerxencia e convoca un concurso por 13,8 millóns ao ano
Feijóo négase a aclarar “en medio dunha pandemia” a contabilidade do PP galego que axuíza a Audiencia Nacional
O presidente chama “corresponsais de culebrón televisivo” a Pontón e Caballero por preguntarlle sobre os dous millóns de euros que segundo Bárcenas os populares galegos enviaron en negro a Madrid cando xa estaba á fronte do partido
Aviación Civil recomenda que a concesionaria de salvamento da Xunta “mellore a formación” dos pilotos tras case ter un accidente
A alerta dun tripulante evitou que o aparato con base en Vigo que opera Babcock chocase contra o mar durante un voo nocturno de adestramento no que piloto e copiloto tiveron “un exceso de confianza nos automatismos”
Feijóo admite que aínda non ten o proxecto construtivo do parque acuático de Ourense que prometeu en 2016
O presidente celebra unha inauguración formal da mellora por algo máis dun millón de euros das instalacións deportivas xa existentes, unha décima parte do que custaría todo o complexo
A Xunta presenta un estudo que asegura que a Cidade da Cultura devolve á sociedade 1,85 euros por cada euro público que recibe
O Goberno galego cifra en 9 millóns ao ano o “valor social de non mercado” da oferta cultural, de lecer ou natural do complexo fronte aos 15 millóns que xera o seu movemento económico convencional