O Consello de Contas afea á Xunta o seu control da corrupción e censura que non admita denuncias anónimas
O ente fiscalizador di descoñecer se o Goberno galego está a avaliar periodicamente o cumprimento do Código Ético que Feijóo anunciou hai cinco anos
O ano no que Audasa tentou limpar a súa imaxe remata cunha suba das peaxes do 2,69%
Exposicións, publicidade, a contratación dun gabinete de prensa e un acordo co Colexio de Xornalistas tras anos sen atender aos medios son algunhas das medidas da empresa para mellorar a comunicación coa contorna social
16,85 euros a viaxe Vigo-A Coruña: así quedan oficialmente as peaxes da AP-9 para 2020
Fomento aprobou este venres a actualización das tarifas de todas as autoestradas en función da inflación do último ano, ao que no caso da Autoestrada do Atlántico hai que sumar outro 1,8% máis por decisións de anteriores Gobernos de PP e PSOE
Novo pau ambiental ao Porto de Vigo, agora por unha obra en Rande: "Prevense efectos adversos significativos"
A Autoridade Portuaria non logra autorización acelerada para remodelar o acceso aos peiraos da enseada de San Simón, espazo protexido que xa orixinou a anulación pola xustiza hai dous anos do Plan de Usos portuarios por non avaliarse o seu impacto nesa zona
Feijóo anuncia por segunda vez en dez días outra obra que xa prometera no Plan Galicia cando era conselleiro
A Xunta retoma máis de cinco anos despois o inacabado corredor do Baixo Miño, do que segue adiando a definición do seu treito máis polémico
A Xunta aínda incumpre a Lei de Igualdade nos consellos de administración de catro empresas públicas
As mulleres son moitas menos que os homes en Galaria, Xestur, SPI e Xesgalicia, e a situación amplíase a Sogama e Sodiga se se contan tamén as vogalías nomeadas por socios privados
A rebaixa de peaxes pola noite nas autoestradas da Xunta beneficia uns 550 vehículos ao día, o 2% do total
Os automóbiles e o resto de vehículos lixeiros ven reducida a peaxe un máximo dun euro por viaxe e só no caso de ter telepeaxe.
Abel Caballero: “Na ría de Vigo acabáronse os recheos para sempre”
O alcalde rexeita os plans da Autoridade Portuaria de realizar novos recheos que sumarían máis de 200.000 metros cadrados e que son presentados como “crecemento sostible”
Feijóo volve prometer a mellora dunha estrada que el mesmo incluíu no Plan Galicia cando era conselleiro
A mellora da comunicación entre Ourense e a fronteira con Portugal á altura do parque do Xurés incluía unha autovía ata Celanova, inaugurada en 2013, e diversas melloras da estrada convencional a partir desa vila que aínda están pendentes
Feijóo tira de ETA para desprezar as críticas da oposición ao peche do paridoiro de Verín
O presidente acusa ao resto de partidos de “xogar coa vida dos bebés que nacen en Verín” pero considera un “insulto” que Pontón dixese que está “desesperado” pola crise sanitaria
A protesta polo paridoiro peta na porta de Feijóo ao berro de "Verín non se pecha"
Centos de persoas do sueste da provincia de Ourense viaxan máis de dúas horas para amosar a súa indignación ante o Parlamento de Galicia, onde Feijóo se defendeu presentándose como garante da seguridade dos bebés
O Porto de Vigo planifica máis de 200.000 metros cadrados de novos recheos que presenta como “crecemento sostible”
A Autoridade Portuaria avanza coa tramitación de diversos aterramentos que defende como “progreso” fronte a “actitudes negativas” que compara coa oposición á construción da AP-9