O xulgado do caso Angrois volverá mudar de xuíz por segunda vez en sete anos
O BOE vén de publicar o concurso para ocupar o xulgado de Instrución 3 de Santiago, que tamén se fixo cargo das investigacións pola hepatite ou os helicópteros de incendios e cuxo titular seguirá instruíndo o accidente para evitar paróns
AP-9, preferentes ou Angrois: asuntos galegos que o Congreso pode desatrancar sen agardar polo orzamento
Boa parte dos acordos de investidura están condicionados á aprobación duns novos orzamentos xerais, pero hai decisións que xa contan con apoios suficientes e que o Congreso podería acelerar
- Crónica
- Política
Cando para Feijóo acordar co BNG era "útil para Galicia" e proba de que non rompía España
O presidente, que agora carga contra “os radicais do BNG”, chegou a dicir que Galicia aforrou millóns de euros “grazas” aos nacionalistas, cos que o PP negocia e pacta de xeito habitual no Parlamento de Galicia
Gonzalo Caballero ofrece ao BNG o seu compromiso de que Fomento “minorará” a peaxe da AP-9
En plena negociación para a investidura de Pedro Sánchez, o líder do PSdeG di traballar por “unha gran alianza progresista” para as eleccións galegas
BNG e Coalición Canaria disputan ser o último apoio que precisa Sánchez para a investidura
Os nacionalistas levan semanas agardando algún tipo de compromiso explícito dos socialistas coas súas reclamacións para Galicia
Catro chamadas en seis minutos e sanción se non colles o teléfono: O Sergas é condenado por incumprir as normas das listas de substitucións
O Tribunal Superior censura que Sanidade relegase ao último posto das listas de contratación a unha traballadora que non atendeu as chamadas que lle realizou irregularmente
Nove meses despois de anuncialo en campaña electoral, Fomento saca a concurso o enlace orbital de Santiago na AP-9
Ás portas das xerais, e a dous meses das locais, os grupos municipais atribuíran ás súas propias xestións o desbloqueo dunhas obras que teñen un prazo de execución de 33 meses
A Xunta lanza o proceso para as eleccións galegas
O Goberno galego saca a concurso, por 3 millóns de euros, a impresión de papeletas e a organización da xornada electoral
- Vídeo
- Política
Feijóo usa a derradeira mensaxe de Fin de Ano da lexislatura para cargar contra o Goberno central
O presidente apela á “unidade que predicaron Blanco Amor ou a Xeración Nós” e o “bilingüismo cordial” do primeiro nun vídeo institucional gravado no instituto de Ourense no que estudou
O pacto do PSOE e Podemos prevé limitar o modelo de xestión sanitaria que Feijóo experimentou en Verín nos 90
O Consello de Contas puxo as fundacións sanitarias implantadas en Galicia hai tres décadas como exemplo de mala xestión, o que non impediu que se contemplasen na lei estatal de 1997 impulsada por Romay e Feijóo que agora se quere “revisar”.
A Xunta volve adiar as circunvalacións de Bande e Verea que prometera no Plan Galicia tras o Prestige
Hai dez días Feijóo anunciou aos alcaldes da zona que antes de rematar o ano licitaría o proxecto para mellorar a estrada de Celanova a Portugal, pero este luns ese paso administrativo excluíu as dúas variantes
A Xunta presenta como “pulo definitivo á Plisan” a adxudicación do 1,6% do espazo que ía ocupar cando a anunciou hai 20 anos
O que ía ser o Porto Seco de Vigo, proxecto lanzado no ano 2000, entrega as primeiras parcelas a tres empresas ao tempo que a Autoridade Portuaria planifica novos recheos argumentando falta de espazo