Un novo espigón para paliar os efectos doutro: o próximo capítulo da loita á que foron condenadas as praias de Foz e Barreiros
A canalización da ría para mellorar o porto nos anos 70 e 80 baleirou o areal de Altar en beneficio do da Rapadoira e agora o Goberno central quere estabilizar a situación con novas obras e dragaxes por 3,5 millóns de euros
O Parlamento celebra os 40 anos do Estatuto como “herdeiro e continuador” do de 1936 truncado polo golpe de Estado
A Cámara recoñece coas súas medallas á Xeración Nós, de cuxa “semente e exemplo imperecedoiros” declara “tributaria” á Galicia actual
A Xunta tarda máis de dous anos en ditar medidas correctoras tras unha denuncia de acoso laboral
Despois de ampliarse de un a seis meses o prazo para resolver os casos e constatar a Valedora do Pobo que realmente tardan máis dun ano en analizarse, agora evidéncianse novas eivas coa demora das medidas para evitar conflitos
- Documento
- Política
A Xunta admite que aínda non protexeu ningunha zona húmida coa figura legal galega que creou hai vinte anos
Con turbeiras ameazadas por eólicos por toda Galicia, o novo subdirector de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto, confirma que non hai ningún espazo inscrito no inventario galego, paso previo para unha protección que só teñen cinco zonas pola súa relevancia internacional
A Xunta encarga agora como “urxente” un “centro de datos único e fiable” sobre as persoas usuarias de residencias
O Goberno galego admite que a COVID “puxo de manifesto debilidade importantes, especialmente en relación coa coordinación co sistema sanitario” e obrigou a solucións “de continxencia” con revisións manuais de listados
As cidades da eurorrexión implican o presidente da República na reclamación dun mellor tren entre Galicia e Portugal
O Eixo Atlántico subliña nun encontro con Rebelo de Sousa a "necesidade de que a conexión ferroviaria con Galicia teña un carácter estratéxico e estatal", coa saída sur de Vigo como proxecto máis relevante e urxente
O ‘canal’ de Fisterra creado en 1994 e ampliado tras o Prestige ten o dobre de tráfico que Suez
Cada día pasan máis dun cento de barcos polo dispositivo de separación de buques que ordena a circulación fronte a costa galega
A Xunta permitirá que persoal non funcionario dirixa grupos de traballo cos que xestionará os fondos europeos
O director de cada grupo proporá ao resto de integrantes, que “terán dereito a percepción dunha compensación económica en concepto de produtividade ou de gratificacións extraordinarias”
A Xunta recoñece o 'breaking' como especialidade deportiva tres meses despois de que fose incluído nos Xogos Olímpicos de París 2024
Sinala que en Galicia hai “uns 150 practicantes” e que hai dez anos que se vén celebrando un “campionato galego”, pero é agora cando acepta que poida recibir axudas como o resto de deportes
"Estas empresas teñen que estar ao lado do mar": a campaña coa que o PP volve ao "PSOE e BNG queren quedar coas túas terras"
Os populares de Pontevedra e o vicepresidente da Xunta divulgan un vídeo anónimo que acusa a socialistas e nacionalistas de “enterrar toda a industria do mar galego” coa futura Lei de cambio climático
Contratos temporais de 900 euros brutos por 30 horas á semana: as condicións do persoal que rastrexa a COVID para a Xunta
O concurso que agora convoca Sanidade para contratar un sistema estable de seguimento de casos detalla as condicións actuais do dispositivo contratado por emerxencia tras o estourido da pandemia
- Datos Coronavirus
- Acontece
A hospitalización con COVID baixa a 200 persoas por primeira vez desde comezos de setembro
O Sergas rexistra 122 novos casos, na media das dúas últimas semanas, e non comunica ningunha morte na última xornada por primeira vez desde hai medio ano, aínda que o dato pode ser revisado en días posteriores