O conselleiro de Emprego admite que migrantes sen papeis traballaron para a súa familia e acúsaos de falsidade
José González Vázquez defende "a honorabilidade" da súa familia, di que confiaron en que traballadores facilitados por unha ETT estaban en regra e que os denunciaron por "usurpación de identidade" cando unha inspección laboral os detectou
Sanción á adega da familia do conselleiro de Emprego por vendimar con migrantes sen papeis
Pendente de derrubar un salón de eventos ilegalizable que atenta contra o patrimonio cultural, Casal de Armán afronta unha multa da inspección laboral revelada por elDiario.es e confirmada a Praza.gal por varias fontes
Rueda xustifica o aumento das pantallas no ensino impulsado por Feijóo, que agora pide suprimilas
O presidente di que "non hai contradición" xa que ao seu ver hai unha década era necesario aumentar a "dixitalización" e agora é necesaria "a compatibilidade"
O Sergas ofrece informar a cada doente do custo de cada consulta ou tratamento
Rueda anuncia que a aplicación móbil do Sergas ofrecerá "nuns días" a información de xeito voluntario, individualizado e confidencial
Dimite o asesor do PP na Deputación de Pontevedra que provocou polémica en tiktok e división no partido
A administración provincial comunica "o cese a petición propia de Álvaro Rodiño Tomé" co agradecemento polo seu traballo do vicepresidente, Rafael Domínguez, quen lle desexa "éxitos futuros"
- Crónica
- Política
O tiktok dun asesor do PP tensa de vez a gran batalla pola Deputación de Pontevedra
O vídeo do xefe de prensa de Rafael Domínguez explicando como golpearía un xabarín cun pau de golf, pero anexo a unha pregunta sobre un "neno orfo" en pretendida clave de humor, desencadea esixencias de cesamento de PSdeG e BNG, pero tamén unha crise dos populares que escala ata a dimisión do asesor
10 anos do accidente do Porriño e 6 da Hiniesta, con 4 e 2 mortes: o sistema ferroviario atasca coas melloras
Ao igual que co sinistro de Angrois de 2013, con 79 mortes e onde as autoridades tardaron dez anos en cumprir as recomendacións de seguridade, tamén nos accidentes mortais de 2016 e 2020 foron demorándose as medidas para paliar erros humanos
A UE insiste en restrinxir a pesca da anguía e o PP pon o foco noutras medidas para manter capturas
A Comisión Europea reitera que a especie está "en perigo crítico" e pide máis "ambición para abordar a mortalidade de orixe ambiental" pero "sen deixar de aplicar medidas pesqueiras"
362 euros por abrir os bombeiros a porta dunha anciá falecida: a Valedora pide sensibilidade coa soidade
A defensora do pobo reclama "equidade e protección aos máis vulnerables" tras analizar casos de cobro de rescates de persoas maiores que vivían soas
A "esquirolaxe" de Lidl en Narón sáelle dez veces máis cara: o TSXG eleva a indemnización a 76 folguistas
A empresa boicoteou unha folga en 2023 no seu centro de distribución de Narón e foi condenada a pagar 50.000 euros a todos os folguistas, pero agora a sentenza é corrixida e a indemnización pode superar o medio millón de euros
Vítimas de Angrois pronúncianse "maioritariamente a favor" do indulto do maquinista
O perdón solicitado polo único condenado polas 79 mortes recibiu xa informes favorables da Fiscalía e da maxistrada que o xulgou, que revela que as vítimas que tamén emitiron valoracións formais o fixeron "maioritariamente a favor"
A Xunta rexeita explicar á Valedora por que dá axudas por rapidez e non por necesidade
Criticadas polo Consello de Contas, as axudas por concorrencia non competitiva, entregadas ás primeiras solicitudes ata que se esgoten os cartos, son un terzo das subvencións totais do Goberno galego, que rexeita explicar por que as usa e se as vai mudar