A Xunta remata o parque acuático de Ourense prometido por Feijóo hai dez anos e duplica o prezo da entrada
Anunciado na campaña das eleccións galegas de setembro de 2016, o Goberno galego suma 4 tobogáns aos 4 que xa funcionaban e eleva a entrada ordinaria de 4,50 a 8 euros
Outra inacción do Sergas ante un conflito laboral condénao a indemnizar un traballador por dano psicolóxico
O TSXG constata que, malia sucesivas advertencias, o Sergas non avaliou o risco psicosocial do posto laboral e o home acabou pedindo a activación do protocolo por acoso laboral
A xustiza recoñece accidente laboral o acoso que sufriu unha limpadora do grupo ACS nunha sede da Xunta
Ante o acoso laboral e sexual dun compañeiro a muller non logrou que a empresa actuase ata que denunciou o caso á policía e despois viu como a baixa por ansiedade que lle deron era considerada enfermidade común, o que agora corrixe o TSXG
- Entrevista | Grial (1963) O papel resiste
- Cultura
"Para Grial o papel non é só un soporte, é unha forma de lectura, unha forma de pensamento"
Nas fins de semana de agosto, momento para ler devagar, entrevistamos responsables de revistas en papel editadas en Galicia. Porque en Praza.gal sempre nos gustou dicir que hai máis medios.
A Xunta permite matar xabarís sen límite en toda Galicia durante un ano
O Goberno galego foi aumentando nos últimos anos o número de concellos nos que habilitou a caza libre entre outubro e febreiro e agora amplía a medida a todo o país durante todo un ano
Tras o 'non' da Xunta a eólicos na serra da Groba, agora Jealsa quere dúas centrais de auga mariña bombeada
Como cos eólicos, a plataforma SOS Groba e o Concello de Oia, do PP, están a mobilizarse para presentar alegacións contra os proxectos
A fundación da Xunta que tutela adultos non asiste nun proceso que deixou indefensa unha muller de 92 anos
Un xulgado deixou a muller en mans da Funga despois de que a mesma fundación non cumprise o encargo de defendela no proceso previo sobre se mantiña as súas capacidades, o que agora anula a Audiencia de Ourense
Outros 45,9 millóns de beneficios para Audasa no primeiro semestre, un 3,1% máis
Un terzo dos ingresos da concesionaria da AP-9 proveñen de fondos públicos para subvencionar peaxes
Facer vida cotiá de baixa non é causa de despido: a xustiza galega acouta a loita de clase aberta por PP e patronal
Tribunais galegos lembran que as empresas tamén incumpren e anulan despidos baseados en seguimentos de detectives dunha muller que saía de compras tras un ictus e dun home con ciática que levantou pesos, e indemnízanos
200 agresións nun ano a persoal dun centro de discapacidade da Xunta "sen condicións de seguridade"
Inspección de Traballo require a Política Social tras unha denuncia sindical adoptar "medidas preventivas eficaces" fronte á violencia que sofre o persoal do CAPD da Coruña: ten "tres protocolos de prevención" e ningún "establece condicións concretas de seguridade na intervención ante situacións de agresividade". Impón elaborar un "protocolo específico" fronte a agresións, investigalas todas e xeneralizar a formación ao persoal, entre outras medidas.
A Xunta terá un orzamento de máis de 15.000 millóns en 2027 e prevé un paro do 7,7%
Tras superar os 10.000 millóns en 2020, as contas galegas baterán un novo récord e prevén un aumento do PIB do 1,9%
"Dicir que o cambio climático é a única causa dos incendios leva a moitas teorías e poucas prácticas", di Rueda
O presidente galego critica que Sánchez "propón pactos de Estado que en nada avanzan" e salienta os traballos de limpeza dos montes impulsados pola Xunta