Ryanair debe pagar 1.900 euros de lucro cesante a un home que perdeu un negocio pola cancelación dun voo
A Audiencia de Pontevedra salienta que "non se está ante hipotéticos traballos ou expectativas de ganancias, senón ante labores contratadas para días concretos que non puideron levarse a cabo pola cancelación do voo"
Suspendida 9 meses unha profesora por "neglixencia" e divulgar "cuestións privadas" e "valoracións despectivas"
O TSXG avala varias sancións de Educación a unha docente que tampouco aplicaba medidas de atención á diversidade nin valoraba o alumnado de xeito obxectivo
Nin seis aeroxeradores, nin un: a Xunta reitera que na serra do Suído non caben máis eólicos
Co Concello do PP tamén en contra, Medio Ambiente tomba un parque proposto na Lama que prevía primeiro seis xeradores e despois baixou a un pero que incluso así "agravaría" o "alto nivel de ocupación" xa existente
- Crónica
- Política
Fernando Ónega, Calvo-Sotelo: Feijóo refúxiase na Transición e acusa a Sánchez de derrogala
As vacacións do líder do PP estatal en Galicia deixan actos puntuais e controlados nos que lanzar o seu discurso evitando pronunciarse sobre polémicas como a instalación de SAIC en Ferrol pero amosándose "fiel ao espírito do sistema de 1978"
Política Social dedicou a viaxes institucionais 50.000 euros para obras en centros de servizos sociais
A consellería modificou en maio os seus orzamentos "para financiar o impacto que vai supoñer o incremento de gasto das viaxes institucionais inicialmente non programadas" e desviou outros 50.000 euros para reformas a pagar "sentenzas condenatorias"
Condenada por esquirolaxe unha auxiliar da automoción ao contratar cinco traballadores durante unha folga
O TSXG ratifica unha multa de 30.000 euros por contratar cinco persoas malia a advertencia expresa da inspección laboral de que non o podía facer durante a folga que estaba a rexistrar
- Entrevista | Industrias Pesqueras (1927) O papel resiste
- Cultura
"Industrias Pesqueras sempre tivo unha base galeguista, de aposta pola emancipación económica"
Nas fins de semana de agosto, momento para ler devagar, entrevistamos responsables de revistas en papel editadas en Galicia. Porque en Praza.gal sempre nos gustou dicir que hai máis medios.
Rueda inaugura a "estrada para bicis" de Santiago cun laio polo seu trazado, condicionado por Patrimonio da Xunta
Na inauguración do polémico carril bici entre O Milladoiro e San Caetano o presidente obvia que a Consellería de Cultura emitiu un informe contra o paso polo bosque de Conxo e atribúe o cambio a "algunhas forzas políticas"
Folga, concurso deserto e sancións: a Xunta atasca en 7 concesións de bus fracasadas
Das oito concesións rescindidas nos últimos dous anos por inviables, o Goberno galego só foi quen de renovar unha mentres as outras sete seguen á espera de novas adxudicacións, con Monbus como única candidata no Barbanza malia incumprimentos previos
Xa son 3,2 millóns de euros os perdidos pola Consellería do Mar nun preito pola súa lentitude en revisar subvencións
A Xunta tardou cinco anos en reclamar a Angulas Aguinaga que devolvese axudas que consideraba que non lle correspondían por non ser pequena ou mediana empresa, pero o TSXG di que foi demasiado tempo e que o requisito era previo
A Seguridade Social denegou o Ingreso Mínimo a unha divorciada ao computarlle o que gañaba o seu ex
O TSXG condena o Estado por atribuír á solicitante da prestación a totalidade e non só a metade da declaración da renda conxunta do último ano que estivera casada
E o día fíxose noite nun minuto: así foi a eclipse total en Galicia
O país gozou dun fenómeno astronómico único e inesquecible que atraeu numerosos visitantes a moitas localidades aínda que foron varias as zonas onde as nubes non permitiron gozar de toda a experiencia prevista.