Condena ao Porto de Ferrol, dirixido polo PP, por vulnerar a dignidade dun empregado, alcalde socialista de Miño
O TSXG considera que Manuel Vázquez Faraldo, traballador portuario desde 1993 e alcalde desde 2019, foi degradado e trasladado de despacho polo presidente, Francisco Barea, cun procedemento que atacou "a súa dignidade e honorabilidade"
O maquinista de Angrois recorre ao Constitucional e pide non entrar na cadea mentres decide
O único condenado polo accidente tras a absolución do cargo de Adif alega que o proceso xudicial vulnerou os seus dereitos constitucionais de presunción de inocencia, igualdade de trato e tutela xudicial efectiva
A "indefinición do proxecto" frea o recheo de 10.000 metros co que o Porto de Marín quería captar máis cruceiros
O Ministerio para a Transición Ecolóxica afea a insuficiente documentación coa que pretendía obter a autorización ambiental un porto con condenas no pasado por obviar o impacto das súas actuacións
A Audiencia da Coruña non revisará a absolución do cargo de Adif por Angrois como pedían vítimas
O tribunal, nunha providencia de dous folios emitida dez días despois de recibir os recursos, nin sequera os admite a trámite porque di que volven "sobre temas xa tratados e resoltos"
Alsa vai competir con Renfe en Galicia... nos trens turísticos da Ribeira Sacra
Competencia autoriza a iniciativa porque "os servizos turísticos de Alsa e os servizos turísticos de Renfe non compiten entre si porque os de Alsa circulan con trens históricos e só operan durante o verán"
Rueda eloxia o Goberno de España pola xestión do hantavirus e da fábrica chinesa de coches
O presidente desmárcase das críticas do PP estatal de Feijóo á xestión humanitaria da emerxencia médica e di que a confirmación da nova industria sería un "mérito colectivo"
Sen axudas porque dúas consellerías non se comunican: condena á Xunta por pedir "o que ela debía xestionar"
O TSXG reprocha que o Igape non fose quen de obter da Consellería de Facenda un certificado de que unha empresa non tiña débedas, como esta lle autorizara a consultar, "ocasionando en consecuencia indefensión"
Rueda rexeita sancionar a moción de censura de Lugo por incumprir os estatutos do PP
O presidente defende a decisión da nova alcaldesa de retirar unha bandeira de Palestina porque di que goberna "para a inmensa maioría"
O indulto ao maquinista de Angrois, en contexto: 13 na última década en Galicia e en redución
A medida de graza, cada vez menos frecuente, vénse outorgando nos últimos anos a condenados por lesións ou roubos tras ser as drogas ou insubmisións ao servizo militar as protagonistas en décadas anteriores
- Entrevista | Fran Alonso
- Cultura
"A forza que tiña o clientelismo en 1983 hoxe conxúgase coa manipulación do discurso"
Cáncara, o último libro de Fran Alonso, escritor e director de Xerais, novela e reflexiona arredor da historia real da detención dunha vaca en Baiona, a vila da súa mocidade. Pero Alonso tamén fala da política de hoxe.
O Tribunal da UE volve investigar a depuración en Galicia tras 5,7 millóns en multas en Vigo, Santiago e Ribeira
A Comisión Europea leva a España ante a xustiza por seguir incumprindo o saneamento de augas en 114 aglomeracións urbanas, catro delas galegas, dúas por non depurar e dúas por non controlar o depurado
17 horas en Urxencias con sepse por peritonite agardando ecografía: condena a Povisa e Sergas por un triplo erro
Unha muller á que perforaron o intestino nunha operación de útero no hospital vigués recibiu unha alta prematura e cando volveu a Urxencias déronlle opioides mentres se demoraba sucesivamente o diagnóstico e tratamento