O Tribunal da UE volve investigar a depuración en Galicia tras 5,7 millóns en multas en Vigo, Santiago e Ribeira
A Comisión Europea leva a España ante a xustiza por seguir incumprindo o saneamento de augas en 114 aglomeracións urbanas, catro delas galegas, dúas por non depurar e dúas por non controlar o depurado
17 horas en Urxencias con sepse por peritonite agardando ecografía: condena a Povisa e Sergas por un triplo erro
Unha muller á que perforaron o intestino nunha operación de útero no hospital vigués recibiu unha alta prematura e cando volveu a Urxencias déronlle opioides mentres se demoraba sucesivamente o diagnóstico e tratamento
"Non estou na política por necesidade": a tránsfuga de Lugo confirma que dará a alcaldía ao PP
Na véspera do pleno que votará a moción de censura para desbancar o goberno de PSdeG e BNG no Concello lucense, a ex-socialista María Reigosa emite un comunicado no que di confiar "na responsabilidade, na capacidade de diálogo e no proxecto que lidera Elena Candia"
A Xunta pide ideas para o novo plan eólico 18 meses despois de anuncialo e non o terá nesta lexislatura
O Goberno galego crea dúas mesas de traballo nas que dá máis voz a empresas que a ecoloxistas e limita a participación doutros colectivos sociais á fase de alegacións da avaliación ambiental do documento, trámite co que non contou o plan actual
Os estatutos do PP tipifican como moi grave "valerse de tránsfugas para cambiar maiorías de goberno"
O congreso que reelixiu a Feijóo como líder estatal do seu partido en 2025 situou operacións como a que a formación impulsa en Lugo no máximo nivel de reproche na súa normativa interna, con sancións que implican varios anos de suspensión de militancia ou a expulsión. Besteiro pregunta a Rueda se "vai abrir expediente por estas graves infraccións"; Pontón acúsao "empregar recursos públicos para mercar xente", o que cualifica como "corrupción política"
Rueda apoia a segregación por antigüidade de residencia pactada por Vox e PP
O presidente, que xa alentara a acusación de que migrantes sen dereito de voto poden alterar as eleccións, di que "unha maioría moi ampla dos galegos están de acordo" con priorizar persoas "que leven tempo convivindo"
A mina que afundiu a estrada no Courel ampliouse sen permiso e puña o persoal en perigo
O TSXG condena a empresa a pagar 330.000 euros en multas por escavar zonas non autorizadas ao tempo que o Goberno galego lle esixe 6,6 millóns polos danos á estrada, cuxas obras aínda non contratou catro anos despois
Rueda acusa a PSdeG e BNG de "amedrentar" edís en Lugo para evitar a moción de censura
O presidente di que non lle corresponde a el decidir se a tránsfuga María Reigosa vai ir nas listas do PP nas eleccións municipais dentro dun ano
Audasa é absolta dun accidente cun xabaril nun punto con 15 en catro anos onde apagara a iluminación
A xustiza considera que a concesionaria non incumpriu ningunha obriga de prevención xa que o animal puido entrar por un enlace próximo
A Xunta ocultou 20 incendios ao día durante a vaga de agosto de 2025
O 5 de agosto foi o día no que comezaron máis lumes, 37, pero o Goberno galego só informou de 4
A Xunta rebaixa a circunvalación de Viveiro a estrada convencional
Prometida por Feijóo en 2009 como "autovía" para 2012 e rebaixada despois a vía de alta capacidade, o Goberno galego expón ao público agora unha estrada dun carril por sentido
Unha ex-directora de Xuventude con Fraga será a 'conseguidora' da Xunta en Madrid para empresas
A tarefa de "captar oportunidades para as empresas galegas aproveitando o ecosistema económico empresarial da capital" será para Loreto Sanmartín Gómez, que pasou por varios cargos da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD)