Muros pon en marcha un plan de limpeza coa aseguradora da armadora do buque que verteu os 'pellets'
Unha empresa especializada escollida polo seguro contratou 18 traballadores do municipio para recoller o plástico nas praias. "Ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”, di María Lago, alcaldesa da localidade.
A Xunta cede e eleva o nivel da emerxencia polos 'pellets' para recibir axuda do Estado tras catro días negándose
O Goberno galego anuncia a súa decisión despois de que tamén o fixese Asturias e co Goberno de España preguntándose "por que a Xunta non quere colaboración".
- Entrevista | Antía Alberte Crise dos 'pellets'
- Política
"A Xunta estivo informada da chegada dos 'pellets' á costa desde o primeiro momento"
A ambientóloga e concelleira de Medio Ambiente en Ribeira denuncia a falta de información e coordinación por parte do Goberno galego e o problema derivado: "A xente acaba por non confiar nas administracións e iso é perigoso".
A Xunta minimiza o dano dos 'pellets' pero insta a retiralos das praias e pide contas ao Estado
O Goberno galego descarta elevar o nivel de alerta que permitiría o reforzo estatal e reclama "responsabilidades" ao Executivo central entre críticas de BNG, PSdeG e os concellos, que piden máis medios. A Fiscalía de Medio Ambiente abre dilixencias polo vertido.
A crise dos 'pellets': a Xunta activa agora o plan anticontaminación entre críticas pola súa "inacción"
O Goberno galego pide ao Estado que "se poña as pilas" mentres alcaldes das zonas afectadas, BNG e PSdeG acusan o Executivo galego de ter "desaparecido" e chegar "tarde" a un problema medioambiental que comezou hai case un mes.
Do contedor perdido ao risco futuro: pequenas bólas de plástico seguen a esparexerse pola costa
A perda da carga dun buque o pasado 8 de decembro en augas portuguesas provoca que pellets e sacos deste material leven semanas espallándose por praias e rochas, sobre todo na ría de Muros e Noia.
- Análise
- Economía
O paro segundo conveña: a Xunta presume dos datos que o PP de Feijóo ve "dopados" e "manipulados"
Tellado acusa o Ministerio de Traballo de "agochar moitos parados baixo a figura dos fixos descontinuos", que en Galicia supoñen o 3% da forza laboral. Rueda cre que as cifras son "positivas" e un "aval" do "crecemento económico e a consolidación dunha Galicia potente".
- Datos
- Economía
A protesta das mulleres: son xa a metade do persoal que foi á folga en Galicia nos últimos tres anos
O ano 2021 marcou un fito, cando o 55% dos traballadores que secundaron algún paro laboral foron mulleres, que supoñen o 40% de quen participou en folgas en 2023. Sectores feminizados e precarizados, como a limpeza ou o comercio, impulsan as mobilizacións.
- Datos
- Economía
O mercado laboral frea en Galicia a final de ano pero 2023 pecha con 20.000 empregos máis
O paro descendeu en case 13.000 persoas durante 2023 no país, que destruíu 1.283 empregos en decembro malia a campaña de Nadal e os bos datos a nivel estatal.
Fin da folga pero non do conflito: as limpadoras de Correos agardan aínda polos salarios que lles deben
As traballadoras da limpeza da empresa estatal en Galicia puxeron fin a mediados deste decembro ao paro que iniciaran en setembro pero seguen sen percibir os dous meses de soldo pendentes e acumulan medio ano sen cobrar.
Rueda defende o uso no seu vídeo electoral da expresión que agocha un insulto a Pedro Sánchez
O presidente da Xunta considera "perfectamente compatible" usar o eufemismo 'me gusta la fruta' e pedir á vez unha campaña construtiva e en paz e pide "desculpas" se alguén se sentiu insultado. "Non era esa a intención", asegura.
O conflito que evidencia a falta de bombeiros: 600 peches de parques e baixo mínimos no Nadal
O persoal contra incendios, que leva máis de medio ano en folga, denuncia a escaseza de persoal que agora se constata polo conflito e pola súa negativa a facer horas extras voluntarias para cubrir as ausencias. As administracións acúsanos de coller demasiadas baixas.