Ingresa en prisión sen fianza o acusado do asasinato machista en Moaña
Fadoua Akkar foi asasinada. O home que era a súa parella, con antecedentes por violencia de xénero, precipitou ao mar coche no que viaxaban
Fadoua Akkar foi asasinada. O home que era a súa parella, con antecedentes por violencia de xénero, precipitou ao mar coche no que viaxaban
O coordinador de MeteoGalicia, Juan Taboada, explica para Praza.gal que "é un fenómeno habitual para estas datas", que fai que algúns dos furacáns formados nas augas tropicais do Atlántico acaben chegando, debilitados, ás costas galegas. Dende o martes pola tarde haberá chuvias persistentes, pero o peor chegará na primeira metade do mércores.
Máis de 800.000 vehículos circulan cada día polos principais accesos ás cidades galegas debido á deficiencia dos servizos de transporte metropolitano, coma o autobús ou o inexistente tren de proximidade. Os datos de 2022 e 2023, con todo, comezan a reflectir un descenso no tráfico, especialmente para o acceso á Coruña.
Unha organización de centros de ensino privados sen subvención volve investigar a concertada para sinalar que continúa cobrando cun informe que inclúe unha trintena de colexios galegos. En case o 70% dos centros galegos investigados as achegas económicas son obrigatorias de facto, segundo o informe, que cifra as cotas nunha media de 50 euros mensuais e detecta unha de ata 245
Quen o viviu, lémbrao perfectamente. O 4 de outubro de 1984, hai hoxe 40 anos, o ciclón Hortensia chegou a Galicia con ventos de case 160 quilómetros por hora e fortes chuvias, especialmente na véspera. A borrasca provocou a morte dunha persoa na Coruña e decenas de feridos en todo o país, con estradas cortadas, cortes de electricidade, muros derrubados, bateas afundidas e cultivos estragados
O TSXG ratifica o maltrato dun xefe a unha traballadora da Fundación Profesor Novoa Santos, encargada da investigación biomédica nas áreas da Coruña e Ferrol, e condena tamén á entidade por coñecer os feitos e despedila a ela
A histórica pandeireteira, falecida este 2 de outubro aos 92 anos, viviu unha segunda mocidade vital e musical da man de músicas e músicos aos que inspirou nun momentos máis vivos e creativos da cultura e da música galegas na década de 1990.
O goberno galego anulou a anterior concesión porque a calculara mal facéndoa inviable, convocou un novo concurso con viaxes directas entre as dúas cidades en 70 minutos e agora a oferta gañadora mellora aínda máis o servizo
Galicia rexistra uns 9.000 matrimonios anuais. O 2008 foi o último ano no que se celebraron máis unións católicas ca civís e, dende aquela, a diferenza non deixa de aumentar a prol das alleas ao rito relixioso, que tamén son menos que as inscricións no rexistro de parellas de feito