
- Datos
- Economía
A superficie agrícola ecolóxica dispárase en Galicia, pero cun estancamento da facturación
As terras certificadas para a produción en ecolóxico medraron un 40% e tamén aumentou de forma importante o número de operadores, pero as vendas descenderon lixeiramente por primeira vez na última década. O CRAEGA celebra os datos destacando que malia "os atrancos nestes últimos anos (como a Guerra de Ucraína ou a pandemia), a agricultura ecolóxica en Galicia goza de boa saúde".