Rueda anuncia tres novas vacinas infantís cubertas pola sanidade pública: meninxite B, papiloma humano para nenos e antigripal tetravalente. É un dos anuncios do seu discurso de investidura, no que tamén avanza deducións do treito autonómico do IRPF especialmente para as familias con dous fillos. [Imaxe: CC-BY-SA Xunta]
